martes, 19 de octubre de 2010

3º CABODANO DE RETRANCA !!!



Quen nolo ía decir, xa pasaron 3 anos dende que Retranca chegou por primeira vez aos quioscos. E todo gracias a vos, os nosos lectores que mercades a revista a pesar da crise e facedes posíbel que exista unha publicación humorística en galego sen censura, e o máis importante, todo isto conseguímolo sen subvencións. Si, porque ainda que pareza incríbel, pódese publicar en galego sen cartos públicos, e é grazas a que hai lectores e lectoras interesados na crítica política, e intelectual que facemos... vaaale dacordo estades intesados en ver como poñemos aos políticos unha flor no cú (pero así quedaba menos finolis). Pois iso, que voltamos a celebrar o noso cabodano e aprobeitamos a convidarvos a cerimonia.

Pero este ano vai ser especial... celebramos os tres anos de Retranca cun número extra sobre a inminente invasi... digooo visita do Papa a Galicia. Ten 64 páxinas e convidamos a debuxantes amiguetes a colaborar con nós, así aparte dos nosos autores habituais, neste número contamos con Guillermo (si, o da famosa portada censurada de El Jueves), Fer, Manuel bartual, Jali, José Domingo, Anthony Garner e Jordi March. Un número cheo de pecados, cun póster central de V de BENDITA deseñado por Leandro e Guitián e moitas sorpresas máis.

Non podedes faltar, este ano somos tan importantes que ven celebrar o noso 3º cabodano o mesmísimo Papa Ratzinguer... ademais haberá hostias con chourrizo (que sóas non saben a nada) e viño de mesa. E teremos unha Foliada Retranqueira!!!

Pois iso xa sabedes anotade na vosa axenda:

3º cabodano de Retranca
Sábado 30 de outubro as 20:00 h.
No Café Moderno de Pontevedra
(Fundación Caixa Galicia)
Saúdos Retranqueiros,
A Santa Compaña.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Parabéns polo aniversario (e efectivamente, son vdes. a hostia)

Unknown dijo...

PARABÉNS...TRABALLADOR MARABILLOSO E INCANSÁBEL!
Vémonos, Mercedes