RETRANCA EDITORA e a librería MICHELENA, comprácense en convidalos á presentación da revista de banda deseñada para nenos: FIZ, A REVISTA DO NENO MÁIS PORCO DO MUNDO. Unha gran aposta pola bd infantil que conta cunha tiraxe de 5000 exemplares en galego para Galicia e 20.000 en castelán para o resto do Estado.
Máis información:http://kikodasilva.blogspot.com/2011/03/fiz-la-revista-del-nino-mas-puerco-del.html
A presentación terá lugar o venres 6 de maio ás 20 horas na librería MICHELENA de Pontevedra. Haberá contacontos porcañentos e os nenos e nenas asistentes poderán levar un globo de agasallo e facerse cun exemplar da revista asinado!!!
En breve anunciaremos a dirección da web de FIZ!!!
Non faltedes!!! Saúdos retranqueiros
No hay comentarios:
Publicar un comentario