viernes, 4 de noviembre de 2011

4º CABODANO DA REVISTA RETRANCA


Este ano celebramos o noso 4º Cabodano uns días máis tarde (sempre o facemos a noite de Samaín), por mor da axenda do noso convidado de luxo, o Gran CARLOS BLANCO, que virá a darnos o pésame.

Xa batemos todos os récords, levamos 4 anos saíndo aos quioscos galegos, con intento de secuestro incluído e moitas dificultades. Pero, a pesar da crise e da que está caendo, aínda seguimos aquí dando guerra aos políticos, banqueiros e demais fauna.

Estamos pechando xa o número 33, que en breve chegará aos quioscos. 33 a idade de Cristo, seguro que desta vannos crucificar!!

É un número apocalítico e que o presentaremos na nosa festa mortuoria o vindeiro 17 de novembro ás 20 h. No Café Moderno de Pontevedra. O cartaz anunciador do cabodano daravos unha pista da temática do novo número da Retranca (a ver se acertades).

Estades todos/as convidados/as á vir celebrar con nós o noso 4º Cabodano, porque cando comezamos moitos foron os que auguraban a nosa morte, coitados... non sabían que xa estabamos máis alá do Alén. Moitas grazas por estar ahí, e por mercar a revista, que por desgraza é xa unha das pouquísimas publicacións en papel feitas en galego que se poden mercar nos quioscos (Salvámonos por que non dependemos de Subvencións... que se non).

Pois iso, vos seguide mercando Retranca, que nós faremos todo o posíbel por facervos rir.

Saúdos retranqueiros,
A Santa Compaña.

4º CABODANO DA REVISTA RETRANCA
Día: Xoves 17 de Novembro de 2011
Lugar: Café Moderno PONTEVEDRA
Hora: 20 h

1 comentario:

RuAn dijo...

Tratarei de andar por alí, como todos os cabodeanos. Apertas