Coedis SL era coñecida hai uns anos como a editora Zinco, e foi a encargada de publicar os tebeos de DC en España , entre outras cousas.Anos máis tarde converteuse en Coedis distribucións e levou durante anos a distribución de centos de revistas entre elas El jueves, ata que RBA mercou a revista catalana e comezou a distribuila SGEL. Actualmente encargábase de levar aos quioscos todas as publicacións editadas por MC (que actualmente está Concurso de Acreedores) e outras publicacións doutros editores, entre elas as nosas revistas Retranca e Fiz.
A mala nova radica en que entrou en concurso de acreedores e deixou de pagar a todos os seus proveedores, RETRANCA EDITORA SL. entre elles.Por mor disto seguramente máis dunha editorial pechará e arrastrará consigo a imprentas que a súa vez levará canda ela algunha papeleira, encadernadora, etc.
Nós contactamos onte co distribuidor, e o desconcerto entre a xente que traballan alí é xeral. “Nos han abandonado, se han ido con todo el dinero”, díxonos unha das empregadas coas que levamos traballando dende que comezamos a editar Retranca.
No noso caso ainda que o dano está por calcular, cremos que o dano rondará os 20.000 euros.
Isto déixanos nunha situación complicada, xa que Retranca é unha empresa pequena montada cos aforros que pode ter un debuxante profesional como son eu. O grande problema é que Coedis acaba de deixar a Retranca sen liquidez. Contabamos con cobrar o día 10 de febreiro un Pagaré que nos enviara a distribuidora, pero témome de que xa non terá fondos. Ademais Coedis a día de hoxe débenos as liquidacións das ventas dos últimos 4 números.
A situación é complicada, co cal pido a todo o mundo un pouco de paciencia. O nº 34 que xa tiñamos a piques de entrar en imprenta vaise retrasar nos quioscos ata que atopemos un novo distribuidor. Estou traballando para que Retranca poida sair adiante... van ser uns meses duros pero tede por seguro que non lle fallarei a ninguén, a ningún dos meus colaboradores e amigos, e a vos, os lectores que fixéchedes posíbel que Retranca leve máis de 4 anos saíndo aos quioscos galegos de maneira completamente independente.
Moitas grazas a todos/as polo voso apoio.
KIKO DA SILVA
Editor de RETRANCA.
16 comentarios:
Moito ánimo, Kiko!
Ánimo Kiko, seguro que sae todo ben. Viva Retranca !!!
Ánimo Kiko. Agardaremos ansiosos a que podamos ir a mercar o vindeiro número. :)
Mágoa, síntoó de verdade, estades a facer un traballo excelente, ánimo!!
Mágoa, na nosa casa somos tres que leemos as vosas revistas, os meus fillos leén Fiz i eu escacho na risa con Retranca. Ánimo e adiante que sodes uns loitadores.
Adiante, Kiko! Agardamos ese novo número.
Hai que tirar para adiante.
Forza !.
Moito ánimo!!! e seguide así!! Viva Retranca!!!
Moito ánimo!! seguide así!! Viva Retranca!!!
Ben seguro que senón antes será un chisco máis tarde poderemos seguir gozando coa Retranca. Aínda non está para enterros!
Adiante!
Dende aquí todo o meu apoio e mellores desexos. Oxalá atopedes unha saída para a revista e cheguedes a cobrar parte do que se vos adebeda, se non todo.
Kiko, un fuerte abrazo, os mando pensamientos positivos.
Xa me parecía a min que este número tardaba de máis...
E porqué non probades con algunha iniciativa temporal que poida servir de parche para sair do problema? Unha opción pode ser o crowdfunding
Boas! Eu non sei se este é o caso, mais quizais podías pensar no crowfunding para facer fronte a ista situación. Seguro que son moitos os lectores dispostos a colaborar!
http://www.verkami.com/
moito ánimo e seguro que sai adiante porque estades a facer un traballo estupendo.
SE QUERES SABER COMO VAI O ASUNTO DE COEDIS, LE ESTOS ARTIGOS:
http://los32rumbos.com/html/asp/editorial.asp
http://los32rumbos.com/pages/editorial.asp
Boas,pois vaites,chego algo tarde en canto o blog.Hai moito tempo que non vos compro,pero agora podo retomar cestas costumes e espero que sigandes sacando publicacións.
Publicar un comentario