miércoles, 3 de agosto de 2011

RETRANCA 32 # GALEG@S INDIGNAD@S



Chega o número 32 de RETRANCA, máis indignado cá nunca e cunha fantástica portada de MEL. Un número que naceu, ao igual cá o movemento 15M, no Facebook. Fixemos unha votación entre os lectores que nos seguides no Facebook e este foi o tema máis votado, así que pódese dicir que este número xestouse nunha asamblea ;)

Como ademais ocorreron outras cousas destacables nestas última semáns fixemos algunhas páxinas sobre elas...


1.- Un póster central sobre a desaparción do Códex Calixtinus... (lóxicamente esto é un fragmento, se queres atopalo terás que mercar a revista, que como non nos merquedes imos acabar igual que Xornal de Galicia ou a Nosa Terra ou Galiza Hoxe... nós dependemos de vós... non temos subvencións!!!)




2.-Unha páxina de Kohell sobre o famoso dicionario da historia que parece que o escribiu o mesmísimo Pío Moa... ou Losantos ou algúns dos piraodistas de Intereconomía.





3.- E ata algún chiste sobre o follón da Sgae. Da morte de Amy Winehouse, enterámosnos coa revista xa na imprenta, pero a verdade non é un tema de risa.


4.- Presentamos a Berto Fojo, un novo colaborador que retrata a todos os Indignados que saíron á rúa.



5.- E ademáis coa chegada dos novos alcaldes aos concellos comeza unha nova serie ALCALDE HONRADO (si, parece incrible pero algún aínda queda), de Víctor Rivas & Josep Busquet.



Xa vedes que este novo número ven repleto de cousas divertidísimas... así que correde ao quiosco a encargar o número Indignado da Retranca, chea de reivindicacións e de análises do acontecido dende as pasadas eleccións co movemento 15M.

Saúdos retranqueiros

A Santa Comapaña

2 comentarios:

jbonome dijo...

Ten moi boa pinta. Espero que non sigades o camiño dos xornais independientes galegos. Os vexo por Viñetas. Unha aperta

Pivs dijo...

Mel escribiendo en gallego;
Aju pisha xD