Enganáronnos... o que realmente se adiantou non foron as eleccións, foi a chegada da Fin do Mundo. Ainda que moitos escépticos sigan decindo que os Maias pronosticaron a fin do mundo para o 2012, porque foi a última data que lles collía na pedra onde gravaron as súas apocalípticas prediccións... o certo é que xa é indiscutible que o mundo cada día está peor.
E se o mundo está feito unha merda, Galicia está moito peor... os síntomas de que a fin está cerca son clarísimos: O NOVO PRESIDENTE DO GOBERNO É GALEGO, vai ser un show ver a Rajoy tomando decisións á galega ante as presións da Merkel. (RAJOY:- Merda!! teño que aprender idiomass... o libro de instruccións para sacar a España da crise está escrito en Alemán!!).
En Galicia xa víamos dende hai meses como chegaba a fin das Caixas... estaba claro que TRAS A FUSIÓNS DAS CAIXAS... CHEGARÍA A FUSIÓN DO NÚCLEO.
Outros síntomas de que chega a fin do mundo é que Fraga acaba de xubilarse... e a Xunta decidiu PARALIZAR A CONSTRUCCIÓN DA CIDADE DA CULTURA!!!
Polo tanto non vos podedes perder este número de RETRANCA, xa que, se se acaba o mundo ESTE PODERÍA SER O ÚLTIMO NÚMERO DE RETRANCA!!!... mercádeo antes de que todo se vaia a merda!!!... marchádevos ao outro mundo cun sorriso!!! ... ademais a revista é tan manexable que ata poderedes botar un polvo mentras a ledes!!!
A FODER E A LER QUE O MUNDO VAI MORRER!!!
Saúdos retranqueiros,
A Santa Compaña.
3 comentarios:
noraboa pola revista , animo e sorte
Muy buena revista. Desde www.monologosgalicia.com la apoyamos plenamente. Galicia Calidadeee. Pablo
Es de lo mejor de Galicia. desde www.monologosgalicia.com lo apoyamos plenamente. Pablo
Publicar un comentario