Mostrando entradas con la etiqueta Cidade da Cultura.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cidade da Cultura.. Mostrar todas las entradas

jueves, 3 de marzo de 2011

RETRANCA Nº 30: INAUGURAN A CIDADE DA CULTURA GALEGA BALEIRA !!!



COMEZAR A CASA POLO TELLADO...!!!

Custou catro veces máis do orzamentado pero xa está inaugurada a Cidade da Cultura, ben toda non, só unha parte, pero todo o mundo sabe o que lles gusta aos políticos inaugurar obras sen terminar. Está xa o megachabolo feito, pero aínda non saben que carallo van meter dentro. Polo de agora meteron unha biblioteca (que como é algo moi culto quedará moi mal o que proteste), pero en Retranca preguntámonos: se xa os editores falan de vender libros virtuais, de que o formato papel vai desaparecer nuns anos, non era mellor que gastasen os cartos en facer un servidor para arquivar datos on-line?. Pero o que máis nos sorprendeu foron as “xoias” da literatura galega que nos atopamos para facer vulto nesta biblioteca: guías de Cepsa, os marabillosos tochos sobre Fraga Iribarne, enciclopedias nas que aínda existe Iugoslavia, manuais de programación Basic e as xoias da literatura infantil e xuvenil “galega” Las aventuras de los cinco!!!

Só coñecemos a uns cidadáns galegos encantados con esta mole, e non son precisamente políticos, non... falamos dos skaters, que por fin viron realizado o seu soño de ter un sitio onde poder facer piruetas coas súas táboas.
Como vemos que non teñen nin idea con que encher o Gaiás fixemos este número de Retranca, o número 30 (si, si, para que logo digan que non chegariamos nin ao número 2!!), dámoslle a Feijoo unha chea de ideas para encher o supergarito.

As malas linguas dicían que a Cidade da Cultura era o mausoleo de Fraga, que quería que o enterrasen dentro ao ver que non podía ser enterrado no Panteón dos Galegos ilustres. Canto fala barato solto hai neste país carallo, co que está a recortar a Xunta os orzamentos en cultura, isto é un macro nicho para enterrar a cultura galega dentro!!
E para daquela, a misa xa se dará en “spanglish”.

Saúdos Retranqueiros.
A SANTA COMPAÑA