Mostrando entradas con la etiqueta Exposicions e Presentacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Exposicions e Presentacións. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de noviembre de 2008

CHEGA RETRANCA Nº 12 E A EXPO RETRANQUEIRA



"THE STREET IS OURS"

Hai un ano, moitos profetizaron que esta revista non tiña ningunha vida por diante. Doce meses despois, confirmamos que estaban no certo:
Retranca leva un ano morta, vagando en procesión coas velas nas mans por todos os quioscos galegos.
Esta revista que tes nas túas mans é unha alma en pena, unha alma inmortal (sempre e cando Solbes nolo permita), que está aquí para matarvos a todos de risa.
Este mes celebramos o noso primeiro cabodano, e facémolo cun aquelarre frenético e desenfreado ao que estades invitados todos os que vos unistes á nosa Santa Compaña, as meigas chuchonas, trasgos da imprenta, vampiros bancarios e pantasmas electorais.
No mes de Defuntos, os mortos están de moda. Mentres por aí algúns se dedican a fabricalos, aquí Garzón quere desenterralos.
Despois, están os mortos que están ben vivos, que non hai maneira de tapalos.
Igual que ocorreu con Retranca, nós sabemos dalgún ao que tamén lle profetizaron pouca vida por diante, e por aí o anda, como alma en pena, polo visto inmortal.
Retranca coñece a verdade: ese home non morrerá ata que rematen a Cidade da Cultura, que é o seu mausoleo natural; porque no Panteón dos Galegos Ilustres hai overbooking, e non hai outro sitio onde enterrar tanta grandeza.
Para que non nos esquezamos del, os americanos, expertos en pelis de medo, preparan unha superprodución. Farannos apreciar que don Manuel é o noso Chuachenéguer patrio, e que sen el non existimos como pobo diferenciado.
Fraga, no seu momento, dixo "la calle es mía". Retranca, desde Galicia/Galiza, retruca: "the street is ours".

Saúdos Retranqueiros

A Santa Compaña.

miércoles, 6 de agosto de 2008

EXPO RETRANQUEIRA EN VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 08



A semana que ven inauguramos a exposición RETRANCA : LERASNOS DE MORTO SE NON NOS LES DE VIVO. * Sala de exposicións Salvador de Madariaga (Durán Loriga 10) *

Se queres saber por que Retranca mide 22 cm... por que leva 9 meses na rúa facendo rir en galego e sen que os obrigasen os da Xunta!!!... Que tarados están detrás deste invento... NON PODES PERDERTE ESTA EXPOSICIÓN. Máis de 40 paneis nos que dunha maneira didáctica amena e caralludamente divertida, explicamos todos os segredos da nosa publicación. (Inauguración o día 11 de agosto.)

PRESENTACIÓN VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2008
Mércores 18:40 Presentación Retranca. (Recinto da Fundación Caixa Galicia.- Rúa Cantón Grande 21- 24 - A coruña)

Máis información: http://vinetasatlantico.blogspot.com/

jueves, 6 de marzo de 2008

RETRANCA NA BIENAL IX DA CARICATURA DE OURENSE



Hoxe comezou a novena edición da Bienal da Caricatura de Ourense na Casa da Xuventude, coa entrega de premios do concurso galego de caricaturistas noveis e a inauguración da mostra Homenaxe ao Carrabouxo no Edificio Politécnico do Campus. E como non Retranca tamén estará alí, por partida dobre: cunha exposición das páxinas da nosa revista no Edificio Politécnico do Campus e cunha presentación do noso nº 5 na libraría Torga o venres 7 de marzo as 12 da mañá.

Tamén se inaugurará esta tarde a exposición monográfica do colombiano Omar Figueroa Turcios, na propia Casa da Xuventude. Por último, ás oito e media da tarde o Museo Municipal será escenario da presentación da exposición de caricaturistas galegos, que reúne a 26 autores entre os que están os Retranqueiros: Miguelanxo Prado, Xaquín Marín Pinto e Chinto, Leandro, Guitián, Luís Davila e Kiko da Silva.

Vémonos nas Burgas!!!
Lerasnos de morto se non nos les de vivo!!!
A santa Compaña