miércoles, 6 de agosto de 2008

EXPO RETRANQUEIRA EN VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 08



A semana que ven inauguramos a exposición RETRANCA : LERASNOS DE MORTO SE NON NOS LES DE VIVO. * Sala de exposicións Salvador de Madariaga (Durán Loriga 10) *

Se queres saber por que Retranca mide 22 cm... por que leva 9 meses na rúa facendo rir en galego e sen que os obrigasen os da Xunta!!!... Que tarados están detrás deste invento... NON PODES PERDERTE ESTA EXPOSICIÓN. Máis de 40 paneis nos que dunha maneira didáctica amena e caralludamente divertida, explicamos todos os segredos da nosa publicación. (Inauguración o día 11 de agosto.)

PRESENTACIÓN VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2008
Mércores 18:40 Presentación Retranca. (Recinto da Fundación Caixa Galicia.- Rúa Cantón Grande 21- 24 - A coruña)

Máis información: http://vinetasatlantico.blogspot.com/

2 comentarios:

mueja dijo...

O dos 22 centimetros seguro que ten que ver cun algunha medidada corporal dalgún dos debuxantes.

non se me ocurre outra

Sr. Guitián dijo...

Efetivamente, e o dos 17 tamén. :-D