Mostrando entradas con la etiqueta CENSURA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CENSURA. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de noviembre de 2010

HABEMUS RETRANCA !!! ... XA ESTAMOS NOS QUIOSCOS.



XA ESTAMOS NOS QUIOSCOS !!! EXCLUSIVA RETRANQUEIRA: O PAPA XA LEU RETRANCA.

Pois si, con moitas dificultades pero dende esta mañá xa estamos nos quiscos !!! Correde a polo voso exemplar antes de que os merquen todos os fans de Ratzinguer para facer unha fogueira con eles.

Nós regalámoslle un exemplar ao Bieito XVI, e moloulle tanto que ata nos puxo publicidade no Papamóbil (pagándolle claro, que este non fai nada jratis). Se é que xa o din ata en Murcia... estos de Retranca son o demo !!!


Graciñas a todos e todas polo mensaxes de apoio... e gracias tamén aos que nos mandaron mensaxes poñéndonos a parir... xa o sabemos, somos uns blasfemos e iremos ao inferno... pero que carallo, alí estase máis quentiño e está todo cheo de mulleres pecadoras, como para non querer ir!!
Saúdos Retranqueiros,
A Santa Compaña.

martes, 2 de noviembre de 2010

O PAPA RODEADO DE PASTA NON, MONXAS CHUPANDO PISTOLAS SI



(Galego)

A extraña moralidade da imprenta Jimenez Godoy de Murcia non deixa de sorprendernos... Resulta que os amigos de Vilagarcía de Arousa que editan a revista Scifiworld tamén imprimen en Jimenez Godoy. Curiosamente a nosa revista especial visita do Papa que amosaba ao Papa rodeado de billetes de 500 euros, feriu fondamente a súa moral cristiana, pero a capa do mes de outubro de Scifiworld cunha monxa chupando unha pistola non... E a cousa non acaba aquí... dentro hai imaxes tan cristiás como estas... Non hai nada como a coherencia empresarial desta imprenta. Agardemos que aos colegas de Scifiworld non lles fagan o mesmo que a nós!!!



(En Español)

La extraña moralidad de la imprenta Jiménez Godoy de Murcia no deja de sorprendernos... Resulta que los amigos de vilagarcía de Arousa que editan la revista Scifiworld también imprimen en Jiménez Godoy. Curiosamente nuestra revista especial visitia del Papa que mostraba al Papa rodeado de billetes de 500 euros, hirió profundamente la moral cristiana de la empresa, pero la portada del mes de octubre de Scifiworld con una monja chupando una pistola no... Y la cosa no temina aquí... dentro hay imágenes tan cristianas como estas... No hay nada como la coherencia empresarial de esta imprenta. ¡¡¡Esperemos que a los amigos de Scifiworld no les hana lo mismo que a nosotros!!!

miércoles, 2 de junio de 2010

INSPECCIÓN EDUCATIVA CENSURA A "RETRANCA" NO CEIP DE RANDUFE


A CIG-Ensino denuncia a presión para a retirada dun boletín dun centro tudense que incluía unha chanza gráfica sobre a lingua tirada da revista Retranca.

A reprodución dunha viñeta alusiva ás "inclinacións anglófilas" do presidente da Xunta, feita pública na revista de humor Retranca nº 24 e incluída no boletín do Equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Randufe, en Tui, acendeu a polémica na comunidade educativa.

Máis información en Vieiros.
A publicación có debuxo de Kiko da Silva en Retranca AQUÍ.
A resposta da administración AQUÍ.
A resolución do CEIP de Randufe AQUÍ

(Resúltanos alagador que digan da nosa caricatura que é irrespetuosa e insultante hacia a figura do Presidente da Comunidade Autónoma, pero un apuntamento señor inspector irrespetuosa e insultante é a actitude que ten a administración pública hacia o noso idioma!!!). Isto é alucinante, semella que agora os rapaces de 12 anos non poden ler NADA que diga que o Presi fai algo mal, ten que ir á misa todo o que el diga ainda que moitos pensemos que se equivoca... Liberdade de expresión... onde carallo estás?

Dende Retranca apoiamos aos mestres do Equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Randufe, e ofrecemos toda a colaboración que poidamos para axudarlles ás labores de promoción do galego.

Saúdos Retranqueiros,
A Santa Compaña

martes, 10 de febrero de 2009

A CAMPAÑA CENSURADA NOS BUSES DE VIGO ESTÁ NA SEDE RETRANQUEIRA



RETRANCA PON NO ESCAPARATE DA SÚA SEDE A CAMPAÑA CENSURADA NOS AUTOBUSES DE VIGO.

A Revista Retranca colocou hoxe día 10 de febreiro no escaparate da súa sede editorial ( Rúa Peregrina nº 9 entrechán, de Pontevedra) a campaña censurada nos autobuses de Vigo.

Ademáis convocou un cocurso na súa web na que os lectores poderán facer e enviar á revista anuncios sen nengún tipo de censura. Con todos os recibidos ( que a día de hoxe xa superan os 50) seleccionaranse os máis retranqueiros e serán publicados no número 16 de Retranca adicado aos resultados das eleccións e que ademáis terá información de todo o sucedido así coma unha cartela coa campaña censurada de agasallo para poñer nos coches particulares dos seus lectores.
Se queres participar preme AQUÍ.

Saúdos Retranqueiros,
A Santa Compaña.

martes, 3 de febrero de 2009

CENSURADA A CAMPAÑA PUBLICITARIA DE RETRANCA NOS AUTOBUSES DE VIGO



Non temos tanta certeza de se os deuses existen, pero, desde logo, non estaría tan ninguneados como a cultura galega, que esta aquí, con vocación de quedarse e con bastantes chagas abertas como para que calquera persoa que teña perdida a fe poida meter os dedos onde lle pete. Como a especie humana é unha especie que necesita falar e como non todo pode ser fútbol ou deus, poderiamos comezar a falar da cultura galega porque é moito máis bonito falar das cousas que existen.

Isto era o que pretendiamos facer a Revista Retranca e un grupo de creadores galegos coa nosa campaña publicitaria nos autobuses de Vigo. Unha campaña para concienciar á xente que a cultura galega necesita tamén que creamos nela para existir.

Pero esta mañá sucedeu algo incrible, o noso autobús (o Circular Centro) que ía promocionar a nosa publicación e a cultura galega durante 3 meses só estivo na rúa 6 horas, xa que a empresa Vitrasa decidiu quitar a nosa campaña publicitaria do autobús sen darnos ningunha explicación.

Hoxe, a última hora da tarde, recibimos unha chamada de Vitrasa. A explicación que nos deron foi surrealista, ao parecer non queren poñer o noso anuncio porque "recorda" á campaña atea feita nos autobuses de Barcelona.
Claro, como nós falamos de Deuses, igual os Galos de Asterix que viven no castro de Vigo séntense feridos ao ler a nosa publicidade.

Publicidade que como calquera pode ler fala DA CULTURA GALEGA e da pouca importancia que se lle da no noso País e que Retranca quere que se fale máis dela.

Así que a ver se lles queda claro aos señores de Vitrasa que na nosa campaña publicitaria "Dios" non pinta nada.

Mañá temos unha reunión cos responsables da empresa de autobuses, a ver que nos contan.

O que xa temos claro é que A CULTURA GALEGA EXISTE, PERO NON DEIXAN QUE SE ANUNCIE !!!

Saúdos Retranqueiros
A Santa Compaña.


A noticia en
La Voz de Galicia
Vieiros
L-V
Diario de Pontevedra
Chuza
Menéame
Xornal

ÚLTIMA HORA!!! CHEGAMOS A UN ACORDO CON VITRASA

Finalmente, Vitrasa acepta que a campaña continuase nos seus autobuses, con algúns cambios iso sí, Nós decidimos demostrarlles que a nosa campaña non ten ningún interese no debate relixioso como xa lles argumentamos onte. Así, que o máis rápidamente posible, o anuncio volverá circular polas rúas de Vigo, co seguinte lema: Probablemente Zeus non exista. A cultura galega si. Por que non falamos das cousas que existen?

Ademais, segundo anunciou Kiko da Silva (que defendeu que o comportamento da empresa fora bo en todo momento), Vitrasa comprometeuse a facer, dentro dos seus autobuses, unha exposición coas obras e cadriños de Retranca así coma poñer dúas traseiras dos buses coa publicidade da publicación.

Dende Retranca agradecemos o apoio de todos os nosos lectores e lectoras e agardamos poder anunciarvos en breve o día no que poñeremos en marcha a nova campaña e a exposición.

Saúdos Retranqueiros
A Santa Compaña

Pasarratos Retranca.
Se queredes xogar a poñer anuncios virtuais nun bus... Retranca díceche como!!! ... iso si, vos o poderedes facer de balde e sen censuras de ningún tipo... Hala a divertirse!!

Mandádenos ao email da revista as imaxes dos que fagades e publicarémolas no número 16 de Retranca as que nos parezan máis divertidas. ( OS 3 MELLORES PODERÁN GAÑAR UN LOTE DE REVSITAS- CAMISOLA E CHAVEIRO DE RETRANCA!!!)
Data límite para recibir os anuncios máis delirantes 28 de febreiro.

Fai un anuncio nun bus sen censura!!! PINCHA AQUÍ
(Graciñas a Pablo polo link)