Ademáis da campaña publicitaria a favor da Cultura Galega, Retranca terá unha expo no interior do autobús durante 2 meses que circulará polo centro da cidade Olívica.O autobús 525 da liña Circular Centro de Vigo, servirá de espazo expositivo da Revista Retranca.
Ademáis de voltar a rúa a Campaña publicitaria da mesma tras a súa polémica retirada.
- A exposición dará comezo mañá xoves e finalizará o vindeiro 19 de abril
- Os viaxeiros poderán contemplar unha selección das portadas máis significativas da revistaDesde mañá xoves 19 de febreiro e ata o vindeiro 19 de abril o autobús 525 da liña Circular Centro de VITRASA servirán de espazo expositivo para a revista de humor galego “Retranca”.
Os viaxeiros que se suban a este autobús poderán contemplar unha selección das portadas e reportaxes máis significativas desta revista cultural.
Retranca
Retranca é a primeira revista profesional de humor gráfico galego e leva nos quioscos máis dun ano. Esta revista foi galardoada no ano 2008 có Premio do Público á Mellor Revista no Salón do Cómic de Barcelona.
Algúns dos colaboradores de Retranca son: Siro, Xaquín Marín, Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Mel, Pinto & Chinto, Pepe Carreiro, Manolo Rivas, Rober Bodegas ou Manuel Lourenzo.
CONCURSO ANUNCIOS SEN CENSURA RETRANCASe queredes xogar a poñer anuncios virtuais nun bus... Retranca díceche como!!! ... iso si, vos o poderedes facer de balde e sen censuras de ningún tipo... Hala a divertirse!!Mandádenos ao email da revista as imaxes dos que fagades e publicarémolas no número 16 de Retranca as que nos parezan máis divertidas. ( OS 3 MELLORES PODERÁN GAÑAR UN LOTE DE REVSITAS- CAMISOLA E CHAVEIRO DE RETRANCA!!!)Data límite para recibir os anuncios máis delirantes 28 de febreiro.Fai un anuncio nun bus sen censura!!! PINCHA AQUÍALGÚNS DOS TRABALLOS RECIBIDOS PUBLICADOS HOXE EN LA VOZ DE GALICIA
Para velos e ler a noticia pinchar
AQUÍ