

Retranca volve a Idade Media!!... non iso non quere dicir que vaiamos a facer a revista en pergamiños, tranquilos. O noso cego medieval (Paco Pernas) vai andar por Pontevedra recitando un cantar Retranqueiro, creado polo escritor Manuel Lourenzo González. Un cantar cheo de escarnio e maldicir sobre a situación política e social galega.
Os asistentes as actuacións poderán seguila e levar de balde o relato, xa que editamos uns pasquíns ilustrados por Víctor Rivas para a ocasión. Este acto está patrocinado pola libería Paz de Pontevedra.
Actuacións:
Venres 4 pola tarde na Zona Vella de Pontevedra
Sábado 5 ao longo do día na Zona Vella de Pontevedra.
Buscade ao cego da Retranca!!!