
O VERÁN É PARA ENGORDAR!!!
A famosa Operación Bikini que sae nos telexornais todos os veráns, que consiste en esconder os quilos, e que este ano por cambiar a podían chamar Operación Gürtel. O difícil de verdade é facer dieta veraneando en Galicia, vaias a onde vaias tes terraciñas con marisco e empanada, e milleiros de festas gastronómicas. Vamos que en Galicia moreno non te vas poñer porque moito sol non hai, pero seguro, seguro que volves "morao".
Ademais agora que estamos en crise o de pasar fame xa non está de moda, o síntoma de status social alto e poderoso é estar gordo. Ti vas pola rúa e ves a un gordo e dis: - Recoiro, este come todos os días. Sen embargo ves a un delgado e dis: - Recoiro, este só mEREnda. Por iso este ano xa sabedes, se queredes "chulear" vinde a Galicia a coller MICHELÍNS. Xa o di o refrán: O home e o oso canto máis gordo máis fermoso … e poderoso!
Saúdos Retranqueiros,
A Santa Compaña.
CONCURSO RETRANQUEIRO: PASARATOS ORTOGAL!!!
Atopa no número 21 de RETRANCA todas as faltas ortográficas que encontres, mándanos un email coas correcións a: revista.retranca@gmail.com e os 10 primeiros que nos cheguen entrarán no sorteo dos nosos 3 superpremios:
Debuxo orixinal de CASTELAO 2009 asinado por Kiko da Silva.
Libro de Fito e Pita asinado por Alberto Gutián.
Libro de Jalisia Kaníbal asinado por Luís Davila.
Retranca, a única revista de humor e de pasaratos do mundo... o dobre de entretida!!!
NOTA: Este número é EXTRA porque corresponde ós meses de agosto e setembro de 2009. En setembro non hai número: MARCHAMOS DE VACACIÓNS!!! Vémonos en outubro :-)


