Mostrando entradas con la etiqueta CALENDARIO 2008. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CALENDARIO 2008. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de diciembre de 2007

CALENDARIO RETRANQUEIRO SOLIDARIO



O vindeiro mes de xaneiro Retranca sacará a venda un producto pioneiro en Galiza (Galicia), un Calendario de debuxantes galegos en pelotas. A idea xurdiu pola iniciativa do debuxante Manuel Bartual, que fixo un calendario con autores nacionais, e nós unímonos a esta gran iniciativa en solidariedade cos nosos compañeiros de profesión Manel e Guillermo, unha maneira de denunciar a nosa disconformidade coa sentencia do pasado martes 13 de novembro en relación ao secuestro do nº 1573 da revista El Jueves.
Os cartos recaudados destinaranse a axudarlles a pagar a multa imposta por inxurias á Coroa.

Os 12 debuxantes que cederon o seu corpo para esta nobre causa son Kiko Da Silva (que podedes ver na foto ilustrando o mes de abril), Alberto Guitián, Leandro, Pinto& Chinto, Xaquín Marín, Victor Rivas, Luís Davila, Pestinho+1, Jacobo Fernández, Andrés Meixide, Kohell (Fernando Iglesias) e Miguelanxo Prado.

Sairá a venda en tódolos quioscos da nosa terra ao módico prezo de 10 euros o exemplar, pero xa o podedes reservar dende a páxina que habilitamos para a ocasión. Pincha AQUÍ. Correde que se esgotan!!!