viernes, 28 de diciembre de 2007

CALENDARIO RETRANQUEIRO SOLIDARIO



O vindeiro mes de xaneiro Retranca sacará a venda un producto pioneiro en Galiza (Galicia), un Calendario de debuxantes galegos en pelotas. A idea xurdiu pola iniciativa do debuxante Manuel Bartual, que fixo un calendario con autores nacionais, e nós unímonos a esta gran iniciativa en solidariedade cos nosos compañeiros de profesión Manel e Guillermo, unha maneira de denunciar a nosa disconformidade coa sentencia do pasado martes 13 de novembro en relación ao secuestro do nº 1573 da revista El Jueves.
Os cartos recaudados destinaranse a axudarlles a pagar a multa imposta por inxurias á Coroa.

Os 12 debuxantes que cederon o seu corpo para esta nobre causa son Kiko Da Silva (que podedes ver na foto ilustrando o mes de abril), Alberto Guitián, Leandro, Pinto& Chinto, Xaquín Marín, Victor Rivas, Luís Davila, Pestinho+1, Jacobo Fernández, Andrés Meixide, Kohell (Fernando Iglesias) e Miguelanxo Prado.

Sairá a venda en tódolos quioscos da nosa terra ao módico prezo de 10 euros o exemplar, pero xa o podedes reservar dende a páxina que habilitamos para a ocasión. Pincha AQUÍ. Correde que se esgotan!!!

3 comentarios:

An dijo...

pois a iniciativa non estaria mal..jajajjaja, como fun picar :P pero tamen fixen picar a moitos cunha noticia na radio :) Saudos

Ghaiteiro dijo...

Outros picaron mais...

http://www.xornal.com/article.php3?sid=20080101143631

R.R. dijo...

¡Piquei! Bueno, xa me enterei que a de xaneiro está pronto na rúa. ¡E a anterior xa a topei nun kiosko de Betanzos!