(Foto: Roi Fernández)
Onte estivemos presentando Retranca en Cambados, foi unha presentación chea de sorpresas e de público. Tivemos música en directo, tradicional, proxeccións de imaxes da revista en pantalla xigante e un par de cantigas que nos agasallou o libreiro Ramón Domínguez coa súa guitarra. Moitas sinaturas e moito calor humán. E risas a esgalla na presentación e na proxección das xeniais curtas dos amigos de Chourizo films. Fotos no Web: unhagrandechea
Calor human tamén o que nos deron os amigos de Ribadabia (e falta que facía porque ese día estabamos a -4 graos) que nos recibiron con moito agarimo e interese, e celebraron con nós a saída do nº 2 e a primeira Exposición Retranqueira, que en breve seguirá a súa xira por Galicia.
Temos que agradecervos a todos/as os que vos estades implicando na promoción de Retranca e a gran acollida dos lectores e e o ánimos recibidos por mail, sms, e en persoa... os comezos son duros pero así fanse máis levadeiros.
Graciñas de verdade. Saúdos retranqueiros e feliz ano novo de todo o equipo de Retranca.A Santa Compaña.
Se queredes ler a entrevista que en LaVoz de Arousa lle fixeron a Kiko Da Silva, director e editor de Retranca, pinchade AQUÍ.
3 comentarios:
Amigo, alegrome de que todo saise moi ben :) un saudo e unha aperta
saíu a de xaneiro?
Salapa, o mércores sae da imprenta, a comezos da semán que ven xa estará nos quioscos.
SAÚDOS RETRANQUEIROS,
A SANTA COMPAÑA
Publicar un comentario