jueves, 10 de enero de 2008

OURENSE ENCHESE DE RETRANCA !!!



O venres 11 de xaneiro na Livraría Torga ás 6 da tarde, estaremos presentando o número 3 de Retranca que acaba de sair de imprenta e que chegará aos quioscos galegos a vindeira semana.

Se queredes descubrir cal é a nosa nova portada, cal é o noso novo concurso e ademáis levar uns exemplares asinados polo humoristas ourensás Heitor, Carvalho e Paco Paradelo... máis coñecidos polo colectivo PESTINHO+1, ou unha borrancho perpetrado polo noso director e debuxante Kiko da silva, non faltedes á cita. ¿Que como nos coñeceredes?... Fácil seremos os que máis Retranca levemos enrriba... có permiso do Carrabouxo, claro!!

Saúdos Retranqueiros
A Santa Compaña.

No hay comentarios: