
Coma se dunha nova praga do eucalipto se tratase os montes galegos están a ser invadidos por una nova especie arbórea: Os muíños eólicos. Pero curiosamente na mentres estas máquinas de facer enerxía aprovéitanse dos nosos ventos e fortísimos temporais, os galegos estamos a escuras, sen pinga de electricidade e pagando unhas facturas cada vez máis caras. Pero claro, neste momento o importante é dar máis concesións que hai que erguer o país… iso si, de tanto pórlle énlices ás nosas terras, parece que máis que erguelo queren facelo voar.
Nós que o único muíño que temos é o ventilador que enchufamos tan só no verán, estamos pensando en pedir unha concesión eólica, xa que Retranca tamén é un medio de comunicación en galego e nós o somos ao 100% … : P ( o deixamos caer a ver se cola).
Saúdos Retranqueiros,
A Santa Compaña.
(NOTA: O número 16 de Retranca vai cubrir o resultado das eleccións galegas, co cal sairá á venda o 16 de marzo... somos bos pero ainda non somos futurólogos!!!)