
jueves, 5 de agosto de 2010
RETRANCA EN VIÑETAS DESDE O ATLANTICO 2010

lunes, 25 de mayo de 2009
lunes, 27 de octubre de 2008
ESTE VENRES TEDES UNHA CITA EN PONTEVEDRA COA SANTA COMPAÑA!!!
miércoles, 27 de febrero de 2008
PRESENTACIÓN RETRANQUEIRA NO LOCAL ATURUXO EN BOIRO!!

Non faltedes!!! Saúdos Retranqueiros A Santa Compaña.
miércoles, 13 de febrero de 2008
VEN NAMORARTE DE RETRANCA O DÍA 15 A MARÍN !!!
jueves, 7 de febrero de 2008
PRESENTACIÓN RETRANCA Nº 4 EN MARÍN!!!

jueves, 10 de enero de 2008
OURENSE ENCHESE DE RETRANCA !!!

sábado, 29 de diciembre de 2007
ENTREVISTA NA VOZ DE AROUSA

(Foto: Roi Fernández)
Onte estivemos presentando Retranca en Cambados, foi unha presentación chea de sorpresas e de público. Tivemos música en directo, tradicional, proxeccións de imaxes da revista en pantalla xigante e un par de cantigas que nos agasallou o libreiro Ramón Domínguez coa súa guitarra. Moitas sinaturas e moito calor humán. E risas a esgalla na presentación e na proxección das xeniais curtas dos amigos de Chourizo films. Fotos no Web: unhagrandechea
Calor human tamén o que nos deron os amigos de Ribadabia (e falta que facía porque ese día estabamos a -4 graos) que nos recibiron con moito agarimo e interese, e celebraron con nós a saída do nº 2 e a primeira Exposición Retranqueira, que en breve seguirá a súa xira por Galicia.
Temos que agradecervos a todos/as os que vos estades implicando na promoción de Retranca e a gran acollida dos lectores e e o ánimos recibidos por mail, sms, e en persoa... os comezos son duros pero así fanse máis levadeiros.
Graciñas de verdade. Saúdos retranqueiros e feliz ano novo de todo o equipo de Retranca.A Santa Compaña.
Se queredes ler a entrevista que en LaVoz de Arousa lle fixeron a Kiko Da Silva, director e editor de Retranca, pinchade AQUÍ.
viernes, 28 de diciembre de 2007
PRESENTAMOS RETRANCA EN CAMBADOS

SERÁ EN CAMBADOS NO AUDITORIO DA XUVENTUDE AS 21 HORAS.
NON FALTEDES, ISTO NON É UNHA INOCENTADA!!!
(Iso non quita que durante o acto fagamos algunha!!!)
Saúdos retranqueiros, e feliz entrada de ano (ceos!!, que mal sona isto)
A Santa Compaña.
martes, 4 de diciembre de 2007
RETRANCA NA MURALLA DE LUGO!!

O vindeiro venres 7 de decembro Retranca visitará a terra do polbo, para presentar o nº 2 da nosa revista, que ven con ganas de producir sorrisos de orgasmo !!!.
Se queres mercar a revista, ou charlar co director e debuxante Kiko da Silva, achégate as 8 da tarde pola Galería Sargadelos de Lugo.
A Santa Compaña estarate agardando!!!
martes, 27 de noviembre de 2007
RETRANCA EMIGRA A BARCELONA!!!

De todos é sabido que hai galegos por todas partes... e coma queremos que os que están emigrados tamén coñezan a nosa revista, invitámosvos a todos os que esteades por Barcelona o vindeiro día 1 de decembro a pasarvos pola Galería Sargadelos, as 6 da tarde.
Alí estarán Kiko da Silva e Alberto Guitián para darvos a coñecer este novo proxecto galaico. Con sorte ata poderedes mercar o nº 2 da revista que xa está en imprenta!!!...
Non faltedes, é a ocasión perfecta para facervos suscriptores... se sentides morriña, Retranca é a vosa cura!!!
AGARDÁMOSVOS ... NOS VOS ESQUENZADES PORQUE... LERASNOS DE MORTO SE
NON NOS LES DE VIVO!!
AVISO: Esta é unha mensaxe Retranqueira, non todo o que se di nela hai que tomalo ao pe da letra... Non fai falla que veñades co bandullo cheo, as revistas ao caldeiro están moi boas... :P



