Mostrando entradas con la etiqueta Revista Retranca nº 10. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Revista Retranca nº 10. Mostrar todas las entradas

domingo, 31 de agosto de 2008

RETRANCA NUMERO 10 !! ULTIMA HORA : SOMOS NOTICIA




Este ano a Feira da que máis se fala é a da FESTA DA CRISE, pero a pesar de todo estamos de notraboa... Este ano parece que nos libramos das dúas pragas principais das vacacións os incendios forestais e a canción do verán. Inda por riba Retranca pon na rúa un número EXTRA ideal para acompañar os mellores moementos gastronómicos, praieiros e culturais e tamén para gozar coma un marciano quedado na casa.

Que non decaia !!!

NOTA: Este número ten o dobre de páxinas porque corresponde aos meses de agosto e setembro. EN setembro non hai número: A SANTA COMPAÑA VAISE DE VACACIÓNS, ate a primeira semán de outubro.
Saúdos retranqueiros!!!


ÚLTIMA HORA : SOMOS NOTICIA E NOS SEN ENTERARNOS!!!

"O PP cualifica de obscena unha viñeta de «A Retranca», distribuída na praia de Rodeira". Para ler a noticia pica AQUÍ.

Dende a Redacción de Retranca queremos aclarar un par de cousas: Sí a viñeta é obscena, xa que é unha esaxeración satírica para chamar a atención sobre o debate da lingüa... pero máis obscena é a sarta de mentiras que algúns están a dicir da situación actual do galego e o castelán.

Por outra banda aclararlle ao señor Sotelo que Retranca non se fai con cartos públicos. Edítaa unha editorial independente chamada Retranca Editora, que se mantén de publicidade e vendas, non de subvencións. E este número saíu a venda en todolos quioscos galegos no mes de MAIO!!!, precisamente polo galo do Día das Letras Galegas.

Para rematar aclarar que cando un vai ler unha revista de humor satírico coma Retranca ten que saber que non vai atoparse precisamente cun conto de Disney.


Aquí tedes a polémica páxina (premede para ampliar)

Saúdos Retranqueiros,
A Santa Compaña.