Mostrando entradas con la etiqueta Revista Retranca nº 31. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Revista Retranca nº 31. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de mayo de 2011

RETRANCA Nº 31. ELECCIONS MUNICIPAIS 2011




Retranca chega o seu número 31 cunha auténtica Guía das eleccións municipais. Pero como sabemos que moitos políticos pódense aproveitar vilmente dos nosos trucos infalibles para captar votos e que ademais sabemos que o que sae en Retranca moitos lectores tómano en serio... decidimos que para non influir no resultado electoral, imos chegar aos quioscos despois das eleccións. Iso si, xa podemos adiantarvos o resultado electoral: GAÑARON TODOS OS PARTIDOS (coma sempre, ninguén vai admitir a súa derrota... vamos que as eleccións é o máis parecido aos concursos escolares... o importante é participar!!). Agardamos que vos divirta e sobre todo gardádeo que seguro que vos vai ser moi útil para as vindeiras eleccións.






Ademáis adiantámosnos a WIKILEAKS e publicamos as fotografías de BIN LADEN que o goberno dos EE.UU non nos quixo ensinar!!!







Saúdos Retranqueiros,

A Santa Compaña.