domingo, 31 de agosto de 2008

RETRANCA NUMERO 10 !! ULTIMA HORA : SOMOS NOTICIA




Este ano a Feira da que máis se fala é a da FESTA DA CRISE, pero a pesar de todo estamos de notraboa... Este ano parece que nos libramos das dúas pragas principais das vacacións os incendios forestais e a canción do verán. Inda por riba Retranca pon na rúa un número EXTRA ideal para acompañar os mellores moementos gastronómicos, praieiros e culturais e tamén para gozar coma un marciano quedado na casa.

Que non decaia !!!

NOTA: Este número ten o dobre de páxinas porque corresponde aos meses de agosto e setembro. EN setembro non hai número: A SANTA COMPAÑA VAISE DE VACACIÓNS, ate a primeira semán de outubro.
Saúdos retranqueiros!!!


ÚLTIMA HORA : SOMOS NOTICIA E NOS SEN ENTERARNOS!!!

"O PP cualifica de obscena unha viñeta de «A Retranca», distribuída na praia de Rodeira". Para ler a noticia pica AQUÍ.

Dende a Redacción de Retranca queremos aclarar un par de cousas: Sí a viñeta é obscena, xa que é unha esaxeración satírica para chamar a atención sobre o debate da lingüa... pero máis obscena é a sarta de mentiras que algúns están a dicir da situación actual do galego e o castelán.

Por outra banda aclararlle ao señor Sotelo que Retranca non se fai con cartos públicos. Edítaa unha editorial independente chamada Retranca Editora, que se mantén de publicidade e vendas, non de subvencións. E este número saíu a venda en todolos quioscos galegos no mes de MAIO!!!, precisamente polo galo do Día das Letras Galegas.

Para rematar aclarar que cando un vai ler unha revista de humor satírico coma Retranca ten que saber que non vai atoparse precisamente cun conto de Disney.


Aquí tedes a polémica páxina (premede para ampliar)

Saúdos Retranqueiros,
A Santa Compaña.

11 comentarios:

Juanjocelta dijo...

Como non, sempre queixandose,a min pareceme que queren facer o mesmo que fixeron con El jueves con Retranca, neste pais parece que a xente non ten humor. UN SAUDO e non fagades caso, seguide sempre asi, contando as cousas como son.

Ignacio Egea dijo...

Bahhhh, reconoce, Kiko, que todo cultivador de sátiras pasadas de rosca tiene la esperanza de que alguien se irrite, siempre que no llegue la cosa a los fiscales. ;-)

A mí, que soy bastante facha, casteloparlante y votante habitual del PP, lo que más me agradó fue el desliz que tuviste de comparar el hacer hablar a la gente gallego con darles por el culo. :-P

Ignacio Egea dijo...

Por cierto ¿vais a sacar más entregas de Quotidiana Delirante de Miguelanxo, o ésta era una reposición veraniega?

Si los votos del respetable pueden influir, apunta uno a favor.

An dijo...

O pepe vaiselle a pinza,por certo...PERdin todas as fotos que fixen,saúdos dende o iguazu.

Josem dijo...

O que máis che me presta do asunto é que como a revista está financida polos suscriptores, leitores e anunciantes xa poden dicir misa que mentres sigades facendo sátira a esgalla e humor irreverente (hai outro tipo de humor?) aquí seguiremos nós, leitores e subscriptores.

Gran acerto prescindir das subvencións: todo canto tocan os políticos convértese en merda, como os reis Midas dos detritos que son! Vedes para que sirve a independencia editorial? Pois para ter un criterio propio e exercitalo! E nós contentos porque pagamos para eso, para que nos fagades rir sen tabúes nen complexos. E que viva a liberdade de expresión! Que a vaian rañar eses noxentos politicastros comeiogures! Eses sí que carecen de independencia e sentido de humor!

Un saúdo dun subscriptor, leitor e admirador.

P.S.- Estou cabreado pola reacción dos politicuchos, pero tamén orgulloso e satisfeito pola vosa.

Ghaiteiro dijo...

Como se di por haí, o importante é que falen de ti, anque sexa mal.

Ghaiteiro dijo...

Como se di por haí, "o importante é que falen de ti, anque sexa mal" (e se é con envexa mellor)

cerriwden dijo...

Eu falo argentiñol, non soi nin suscriptora nin letora da revista.
Góstame a retranca é por isso os teño nos mios blogs.
No salió tan mal eh?
Desque tinia 7 ans que non falo ni muito menos escrivo galego.
pero un año na Coruña basta, eso y el genoma creo.
sigan chicos, acá en argentina hasta hemos perdido el humor...
Bicos

jose arturo dijo...

http://blueshitdiscografia.blogspot.com/

jose arturo dijo...

http://blueshitdiscografia.blogspot.com/

Ardell'o Eixo dijo...

Esto está moi ben, home.Marca un punto de maioría de idade para a revista, que un merluzo destes a saque a colación (para atacar aos "presuntos" subvencionadores e defender a Galicia Bífida).
O mellor é cómo continúa a noticia: o tipo, acto seguido, pasa a ocuparse da pouca limpeza das praias, e a outra cousa, bolboreta!.