miércoles, 18 de febrero de 2009

VOLVE A CAMPAÑA DE RETRANCA AOS AUTOBUSES DE VIGO.



Ademáis da campaña publicitaria a favor da Cultura Galega, Retranca terá unha expo no interior do autobús durante 2 meses que circulará polo centro da cidade Olívica.

O autobús 525 da liña Circular Centro de Vigo, servirá de espazo expositivo da Revista Retranca.
Ademáis de voltar a rúa a Campaña publicitaria da mesma tras a súa polémica retirada.

- A exposición dará comezo mañá xoves e finalizará o vindeiro 19 de abril
- Os viaxeiros poderán contemplar unha selección das portadas máis significativas da revista


Desde mañá xoves 19 de febreiro e ata o vindeiro 19 de abril o autobús 525 da liña Circular Centro de VITRASA servirán de espazo expositivo para a revista de humor galego “Retranca”.
Os viaxeiros que se suban a este autobús poderán contemplar unha selección das portadas e reportaxes máis significativas desta revista cultural.

Retranca
Retranca é a primeira revista profesional de humor gráfico galego e leva nos quioscos máis dun ano. Esta revista foi galardoada no ano 2008 có Premio do Público á Mellor Revista no Salón do Cómic de Barcelona.
Algúns dos colaboradores de Retranca son: Siro, Xaquín Marín, Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Mel, Pinto & Chinto, Pepe Carreiro, Manolo Rivas, Rober Bodegas ou Manuel Lourenzo.

CONCURSO ANUNCIOS SEN CENSURA RETRANCA

Se queredes xogar a poñer anuncios virtuais nun bus... Retranca díceche como!!! ... iso si, vos o poderedes facer de balde e sen censuras de ningún tipo... Hala a divertirse!!Mandádenos ao email da revista as imaxes dos que fagades e publicarémolas no número 16 de Retranca as que nos parezan máis divertidas. ( OS 3 MELLORES PODERÁN GAÑAR UN LOTE DE REVSITAS- CAMISOLA E CHAVEIRO DE RETRANCA!!!)Data límite para recibir os anuncios máis delirantes 28 de febreiro.Fai un anuncio nun bus sen censura!!! PINCHA AQUÍ

ALGÚNS DOS TRABALLOS RECIBIDOS PUBLICADOS HOXE EN LA VOZ DE GALICIA
Para velos e ler a noticia pinchar AQUÍ

3 comentarios:

Antigonum Cajan dijo...

O sea que no hay
RETRANCA bilingue...
para cerca de doscientos millones
otros, que podrian leerla?
Acaso alla no se habla el otro?
O estan como los de tierrabaskaylibertad?
Yo escribo en ingles por joder..
Y vosotrois?

KIKO DA SILVA dijo...

Pois non, a RETRANCA GALEGA SÓ TEN UNHA LINGUA. Se queres ler humor en castelán xa tes outras revistas que falan nese idioma e sobre as cousas de Madrí.

Pero polo que vemos non ao seres bilingüe non tes problemas para entender o que dicimos en galego!!!
Creo que tí falabas de MONOLUNGÜISMO, que iso xa é outra cousa.
Saúdos retranqueiros
A Santa Compaña.

Michael dijo...

Olink para o do eslogan non funciona.
Se facedes o favor amañadeo,que teño ganas de concursar niso...
heheh...

un saudo!
seguide asi,facendonos rir!