miércoles, 2 de junio de 2010

INSPECCIÓN EDUCATIVA CENSURA A "RETRANCA" NO CEIP DE RANDUFE


A CIG-Ensino denuncia a presión para a retirada dun boletín dun centro tudense que incluía unha chanza gráfica sobre a lingua tirada da revista Retranca.

A reprodución dunha viñeta alusiva ás "inclinacións anglófilas" do presidente da Xunta, feita pública na revista de humor Retranca nº 24 e incluída no boletín do Equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Randufe, en Tui, acendeu a polémica na comunidade educativa.

Máis información en Vieiros.
A publicación có debuxo de Kiko da Silva en Retranca AQUÍ.
A resposta da administración AQUÍ.
A resolución do CEIP de Randufe AQUÍ

(Resúltanos alagador que digan da nosa caricatura que é irrespetuosa e insultante hacia a figura do Presidente da Comunidade Autónoma, pero un apuntamento señor inspector irrespetuosa e insultante é a actitude que ten a administración pública hacia o noso idioma!!!). Isto é alucinante, semella que agora os rapaces de 12 anos non poden ler NADA que diga que o Presi fai algo mal, ten que ir á misa todo o que el diga ainda que moitos pensemos que se equivoca... Liberdade de expresión... onde carallo estás?

Dende Retranca apoiamos aos mestres do Equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Randufe, e ofrecemos toda a colaboración que poidamos para axudarlles ás labores de promoción do galego.

Saúdos Retranqueiros,
A Santa Compaña

5 comentarios:

Ana dijo...

Pero-que-fuerrrrte!!

An dijo...

Triste moi triste e un tanto sospeitosa a actitude deste director. Saúdos

jbonome dijo...

Sospeito que hai moitos directores por ahí soltos, o peor de Galicia son algúns galegos.

cata dijo...

Máis sobre o tema
http://cousasminhas.blogaliza.org/2010/06/10/a-cig-solicita-a-retirada-do-escrito-enviado-polo-inspector-fraga-boullosa-ao-director-do-ceip-de-randufe/

Vicente dijo...

Un saúdo ós retranqueiros dende a revista do ENDL do IES A Piringalla acordámonos de vós e tomámonos as cousas con humos e retranca http://issuu.com/iesapiringalla/docs/latricadas15 (páxina 40)

Que non nos falte a retranca !