lunes, 3 de noviembre de 2008

CHEGA RETRANCA Nº 12 E A EXPO RETRANQUEIRA



"THE STREET IS OURS"

Hai un ano, moitos profetizaron que esta revista non tiña ningunha vida por diante. Doce meses despois, confirmamos que estaban no certo:
Retranca leva un ano morta, vagando en procesión coas velas nas mans por todos os quioscos galegos.
Esta revista que tes nas túas mans é unha alma en pena, unha alma inmortal (sempre e cando Solbes nolo permita), que está aquí para matarvos a todos de risa.
Este mes celebramos o noso primeiro cabodano, e facémolo cun aquelarre frenético e desenfreado ao que estades invitados todos os que vos unistes á nosa Santa Compaña, as meigas chuchonas, trasgos da imprenta, vampiros bancarios e pantasmas electorais.
No mes de Defuntos, os mortos están de moda. Mentres por aí algúns se dedican a fabricalos, aquí Garzón quere desenterralos.
Despois, están os mortos que están ben vivos, que non hai maneira de tapalos.
Igual que ocorreu con Retranca, nós sabemos dalgún ao que tamén lle profetizaron pouca vida por diante, e por aí o anda, como alma en pena, polo visto inmortal.
Retranca coñece a verdade: ese home non morrerá ata que rematen a Cidade da Cultura, que é o seu mausoleo natural; porque no Panteón dos Galegos Ilustres hai overbooking, e non hai outro sitio onde enterrar tanta grandeza.
Para que non nos esquezamos del, os americanos, expertos en pelis de medo, preparan unha superprodución. Farannos apreciar que don Manuel é o noso Chuachenéguer patrio, e que sen el non existimos como pobo diferenciado.
Fraga, no seu momento, dixo "la calle es mía". Retranca, desde Galicia/Galiza, retruca: "the street is ours".

Saúdos Retranqueiros

A Santa Compaña.

2 comentarios:

Javier Domínguez Pérez dijo...

É moito esta portada, sigovos tódolos meses, ata dende Nova Iorque, que é onde estou, non vos cansedes de facernos sorrir, sodes os mellores

xOsedorrio dijo...

Seica voltaron os tempos da censura! nótase, e moito, que ese "triquini" -e a contención de graxas- foi posto co photoshop.