Pois sí compañeiros, esta mañá xa quedou inaugurado o noso Panteón Retranqueiro. Viñeron almas en pena, pantasmas e esqueletes... e tamén algúns vivos que son os que saen nas fotos.
Incluso viu o alcalde de Pontevedra Miguelanxo Fernández Lores (que se suscribiu en vivo e en directo á retranca... ademais nos demostrou que a pesar de ser médico se lles entende a moi ben letra) e a concelleira Anxos Ribeiro... Isto provocou que todos os xornais da zona se achegasen a fotografarmos coma se fosemos Falete ou Julián Muñoz... así que mañá poñeremos máis fotos!!!
Saúdos retranqueiros,
A Santa Compaña.
A Santa Compaña.
ACTUALIZADO: O CABODANO RETRANQUEIRO NOS MEDIOS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario