miércoles, 10 de octubre de 2007

OS GALEGOS POR FIN TEÑEN RETRANCA!!!





A RETRANCA CHEGA AOS QUIOSCOS !!!

Preséntase Retranca, unha revista que aposta por recuperar o humor galego co lema "lerasnos de morto se non nos les de vivo". O acto desenvolverase no Café Moderno da Fundación Caixa Galicia (Pza de San Xosé, Pontevedra) o vindeiro 31 de outubro ás 20h.


A partir deste mes de novembro os galegos teremos unha cita mensual co sorriso nos nosos quioscos. O Café Moderno de Caixa Galicia, en Pontevedra, acolle o vindeiro día 31 de outubro ás oito da tarde (noite se Samaín) a presentación de Retranca. Esta nova revista chega ao mercado disposta a recuperar a longa tradición humorística galega e conta coa Santa Compaña coma Mascota, baixo o lema "Lerasnos de morto se non nos les de vivo". O feísmo é o tema principal do primeiro número desta publicación, que agasalla os lectores cunha foto do rei "que espertará as paixóns máis ardentes", advirte o envoltorio. A proposta chegará a primeira semana de novembro ao público a través dos quioscos de todo o país, cunha distribución de 8.000 exemplares que se venderán a un prezo de 2,20 euros cada un.

A Kiko da Silva, director e promotor do proxecto, súmanse nestas páxinas auténticas estrelas como son as firmas de Manuel Rivas e Miguelanxo Prado. Canda eles, autores xa coñecidos dos xornais galegos coma Xaquín Marín, Pinto e Chinto, Kohell, Leandro, Luís Davila ou Andrés Meixide. Alberto Guitián, Jacobo Fernández ou os colectivos Pestinho+1 e Reizentolo, entre outros son algúns dos colaboradores galaicos do proxecto. Desde fóra do país achegan a súa ollada os coñecidos Idígoras & Pachi ou Mel, coñecidos polas súas colaboracións en El Mundo ou El Jueves. Boa parte destes autores participarán no evento de presentación.


A iniciativa parte do humorista gráfico e ilustrador Kiko da Silva, e quere ocupar un espazo ata agora descoidado nas bancadas. "Hoxe en día non hai ningunha publicación dedicada a nos facer rir de nós mesmos en Galicia", explica, "e coa tradición de humor que temos, con nomes coma Castelao, Fernández Flórez, Julio Camba, Siro ou Pepe Carreiro non é de crer que non haxa público". Da Silva xa leva anos a traballar no campo da edición co proxecto BD Banda revista de cómic que verá en breve o seu segundo número e que xa foi galardoada en diferentes eventos dedicados á novena arte.

Non faltedes a presentación o vindeiro 31 de outubro ás 20 h. no Café Moderno da Fundación Caixa Galicia (Pza de San Xosé, Pontevedra)... Haberá humor, música e pinchiños!!!

Agardámovos... a todos/as porque xa sabedes... LERASNOS DE MORTO SE NON NON LES DE VIVO!!!

14 comentarios:

lma dijo...

eu vivo en Madrid...e gostaríame moito poder mercala...é posibel?

Unha suscripción ou algo así?


saúdos e ánimo co proxecto...

(por certo, tamén existen arqutitectos q queren facer ben as cousas...q o que se fai mal principalmente é po-los promotores).

sr. guitián dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
kiko da dijo...

Si claro Ima, en breve subiremos ao web o folleto de suscripción.

Non dubidamos que haxa arquitectos, políticos, e promotores honrrados, pero por desgraza non son os que máis abundan...
Saúdos desde a terra do Lacón,
A santa Compaña

lma dijo...

Eu xa quero que me chegue o primeiro número...

a non ser que poida merca-lo aquí en Madrid.

Pode ser q me envien o primeiro como "proba" pra ver se me gusta e quero suscribirme?.

Que perioricidade terá?

Cando sae o primeiro número...o 31.X???

lma dijo...

no meu blog coloquei este artigo q fas de presentación de "Retranca", supuxen que ninguén mellor ca ti pra presentalo...
...agardo que non te moleste. (se é así avisa).

De tódo-los xeitos coloquei que o artigo era escrito por ti, e de que blog o saquei...

(que é o que coido que hai que facer nestes casos).

saúdos.

lma dijo...

pero que día sae a venda???nos quioscos e tal...

KIKO DA SILVA dijo...

Ola Ima, a revista sae a rúa sobre o 5-6 de novembro.
Saudos kiko.

An dijo...

:) non che sabia eu deste caderno :) Saudos

Silvana dijo...

Noraboa pola iniciativa e espero que saia adiante. Haberá que mercar o primeiro número, e logo os restantes, claro.

Un saúdo.

Beowulf Shaeffer dijo...

En Vigo non teñen a revista en ningún quiosco... e xa levo preguntado en media ducia deles. Houbo demoras na distribución ou é que Vigo non é digna da Retranca? XD

Franchu dijo...

¡¡¡ENHORABUENA!!!

Siempre son bienvenidas las revistas de este tipo, la cosa es que no sé como la puedo conseguir en Barcelona... ¿me podeis ayudar?

Ale...¡¡¡abrazazos y mucha suerte!!!

filomeno2006 dijo...

Debiais contar con el gran Zé Oliveira (Blog Buraco da Fechadura). ¡Suerte!

filomeno2006 dijo...

En Salamanca...¿Se podrá comprar la revista?

Mondox�baro dijo...

Parabens polo alumeamento; por fin xa teño o primeiro número nas miñas mans, e despois de lerlo, doble noraboa. Non foi doado conseguilo (percorrín case todos os Quioscos de Santiago, e ao final din cun (na rúa Campo da Estrela, a rúa que comunica Senra ca praza Porta Faxeira).
Para os que non lle soa tan doado, penso que lle podedes dirixir una carta a CODEÍS S.A telefóno 93 680 03 60, Molins de Rei (Barna) que é que distribue RETRANCA.
Parabens e sorte de novo, saúdos


Mondoxíbaro