11.11.2007 R. Candal. (Foto: Ana Rodríguez)
Os quioscos galegos xa teñen á venda o primeiro número da revista ‘Retranca’, unha publicación mensual, dirixida e editada por Kiko da Silva, que pretende recuperar a tradición humorística galega. Escrita integramente na lingua do país e coa participación dos grandes nomes do humorismo galego, o proxecto intentará analizar, con bos chistes gráficos, dos que fan pensar máis que rir, a actualidade do país, sen censuras e con conciencia crítica. Atentos todos os poderes, non se librará ninguén.
Le o resto da entrevista a Kiko Da Silva, director e editor de Retranca, no xornal GALICIA-HOXE
2 comentarios:
Noraboa raparighos!! Lin por aquí que á peña cóstalle atopala... pois en Cangas do Morraso atopeina sen problemas pero... xa me tarda o segundo número!!
a min o tamaño da revista gustame, pero para o póster podiades facer algo para que fora máis grande... ¿non?
xa me tarda o segundo número
Publicar un comentario