CORREDE QUE SE ACABAN...!!! Avalanchas de galegos e galegas botáronse hoxe a mercar o primeiro número de Retranca. Lóxico, ninguén quere agardar a morrer para lernos.
A que agardas? baixa ao teu quiosco máis cercano e mércaa antes de que a muller da foto arramble con todo e empapele a súa casa coas nosas páxinas!
19 comentarios:
ei mercar outro exemplar, non o duvides :)
Xenial! Eu xa a tenho! E unha pequena gran revista! os meus parabéns!!!
En Arteixo non se sabe dela. Non a teñen en ningures.
Xabi pois debería ter chegado hoxe... ¿reguntaches en quioscos?
Arkano,An... graciñas polo apoio. esperamos que o número 2 vos guste tanto ou máis!!! que xa estamos a pechalo.
Pois eu xa a merquei, hoxe, por fin, no quiosco da estación de trens de vigo, e pasei toda a viaxe ata vilagarcía escarallándome da risa... moi bo o do marco, jajajajajaja... automovibels!! jajajajaja
Na Coruña probei hoxe en tres librarias e non a tiñan en ningunha, a ver se mañá a dou atopado.
Parabens por adiantado, inda que non a vira promete :)
Suevo librarías non, quioscos... a distribución facémola en quioscos.
Saúdos e graciñas polo apoio.
Kiko da silva
a revista esta ben (non digo q non) pero a verdade e q vos pasastes un pouco co prezo para o "folletin" que é...
CASTOR, as cousas valen cartos porque custa cartos producilas, Retranca sae cunha tiraxe pequena (8000 exemplares son moi poucos exemplares comparado con outras publicacións), o noso papel é do mellor que hay no mercado (150 grms) e os noso autores, distribuidores e quiosqueiros teñen que quedar tamén coa súa lóxica e correspontente parte.
Sei que che pode parecer caro pero detrás de Retranca non hai máis que o esforzo económico e humano dunha soa persoa, non unha macro empresa que tira 180.000 exemplares e move millóns en publicidade.
Se che consola no número 2 Retranca terá máis 8 páxinas máis (e polo mesmo prezo ollo) onde lle daremos máis cancha aos autores literarios e aos ilustradores nunha parodia de Xornal.
Moitas grazas polo apoio.
Kiko.
Eu tampouco a atopei en Ribadeo a revista, nin sabían dela, así que terei q suscribirme... Espero que pouco a pouco esté en toda Galiza
Eu atopeino sen problemas nun quiosco en Viveiro. Parabéns!! A única pega é que é moi reducida en dez minutos lese toda. Supoño que número a número iredes aumentado as páxinas non? O dito, caralluda!
gustoume moitisimo, pena q sexa tan curta e ata o mes non saia a seguinte :(
os meus parabens para todos vos, porque o esforzo q estades a facer ha de ser bastante.
saudos.
Estiven recomendando a revista antes de vela, para que vexades a confianza que tiña en vós, e hoxe por fin atopeina nun quiosco da capital galega. Encantoume, mágoa que sexa tan curta. Parabéns polo traballo! Xa estou agardando ao seguinte número para mercalo.
Graciñas Manuel, o número 2 vai ter máis páxinas e máis coñas pra ler. Intentaremos que vos dure máis a lectura.
Saúdos retranqueiros de kiko e a Santa Compaña.
PARECEME BEN QUE NON VOS GUSTE A CENSURA PERO AINDA SEN COÑECERVOS DE NADA PENSO QUE NON DADES MOI BO EXEMPLO CENSURANO UN COMENTARIO MA VOSA PROPIA PAXINA. GRACIÑAS
Señor censureiro saltar con acusacións a primeira de cambio non é san ho, que te vas facer mala sangue... está suprimido un comentario porque o compañeiro Salapa mandou repetido o seu dúas veces... mira tí que pedazo CENSURA!! SOMOS COMO A CASA REAL!
Saúdos retranqueiros Kiko.
e nos concellos onde non teñamos quioscos?
En Betanzos non a dei atopado (grrr!) pero xa comprei a revista (e disfruteina).
Permitinme roubarvos a foto deste post, pero é para facervos publicidade, así que supoño que me deixaredes.
Saúdos e adiante!
Publicar un comentario