lunes, 19 de noviembre de 2007

SEGUIMOS DE XIRA!!! PRESENTACIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA



Comeza a nosa Xira de presentacións de Retranca por diversos lugares da nosa xeografía. A segunte cita mércores 21 de novembro en Santiago de Compostela na Libraría Couceiro ás 20 h.
Non faltedes!!! (Clica na imaxen para agrandar)

Saúdos retranqueiros, A santa Compaña.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

E cando sae a segunda revista?

KIKO DA SILVA dijo...

O nº 2 xa está no prelo, entra o mércores en imprenta. A primeira semana de decembro xa estará nos quioscos.
Agardamos que vos guste tanto ou máis ca o nº 1.
Saúdos retranqueiros
A Santa Compaña

antiparvos dijo...

Gustoume o número 1 e vou mercar os seguintes. Adiante!

antiparvos dijo...

Gustoume o número 1 e vou mercar os seguintes. Adiante!

Ghaiteiro dijo...

Ben, xa, por fin, acadei o meu obxetivo na vida, teño a revista, e porque tanto tempo?, porque, ou a miña quiosqueira anda a durmir, ou o lanzamento de retranca pecou de falta de promoción, e de previo aviso.

Concretando, a boa da muller lle chegou o distribuidor cunha revista totalmente descoñecida para ela, pequena e delgada (en comparación co resto das publicacios quiosqueiras, entendamonos, non e critica), e cun prezo de 2,20, e pola sua mente paso a idea de que non ia dar vendido, e a mandou de volta... 5 horas antes da miña chegada o quiosco (Ahhhhh, mala pecora, que fisechesss!!!), pero agora, 11 dias despois, por fin a teño, e me gustou, e tras tela na man e poder apreciar a alta calidade do papel (en vinte anos seguira como nova e poderei enche-lo peto revendendoa a precio de coleccionista HAHAHAHA). E tamén é de agradecer poder ler, por unha vez, humor feito sen recorrer o sexo ou a linguaxe soez (non sei se vos o vistes, pero últimamente, nos contos que aparecen pola televisión, radio e prensa, a xente so ri cando alguén solta alguna parida de tematica sexual ou malsoante (hoxe en dia parece facer máis chiste dicir "deixei a moi porca foi pingando" que un conto do grande "Eugenio", descanse en paz)=

Quizais agora, o mais convinte para vos e para nos (sabe a pouco, ains, teño mono) e aumenta-la promoción da mesma, quizais (e se me acaba de ocorrer), facendo uns posters para que os quiosqueiros poidan xactarse de vende-la mellor revista da terra. Tamén os colaboradores podian tentar meter unha cuña nas suas aparicións en prensa e demais (nun curruncho, o lado da firma).

Mais, dado que ese e o voso traballo, eu quedarei agardando a chegada do segundo simbolo do periodismo intelixente do noso pais.

Graciñas por darnos a oportunidade de lervos (si, graciñas, nin gracias nin grazas, cada un co seu) e ala, TRABALLADE, TRABALLADE, TRABALLADE!!!!

pd. (se no vindeiro número tamén ven un poster podiades por as páxinas do inverso con publicidade, para estragar menos a revista no caso de querer sacalo, porque toca os collóns estragar as revistas po-la falta de previsión dos editores)

Emilio dijo...

PAra cando a presentación en Ourense?

KIKO DA SILVA dijo...

ghaiteiro, fixemos toda a promoción (gratuita) que estaba nas nosas mans, de feito hoxe saimos no xornal El País. Pero claro se a túa quiosqueira devolve a revista antes de ver se se pode vender aí nós non podemos facer nada... nada máis que lamentarnos claro.

Respecto ao dos posters sí certo, o pensamos pero quedaba moi raro poñer a publi ahí e unha historieta na contra portada (no nº 1 só hai dous aununcios) pero se temos a oportunidade de facelo así l´´oxicamente o faremos,nós temén somos lectores esabemos o que foden esas cousas.

Graciñas polos ánimos.

Emilio,e stamos nelo... a ver se atopatmos un sitio e unha data pronto, informámosvos en breve.
Saúdos retrancqueiros A Santa Compaña