O nº 2 de RETRANCA xa está nos quioscos galegos!!!
Iso sí o novo nº 2 chega con novidades, 8 páxinas máis do xornal que mellor limpa o chan: A NOSA PEDRA, unha nova sección do debuxante chileno Alberto Montt, un seguimento a fondo da Comisión de Investigación da Cidade da Cultura e todalas túas series preferidas, TODO POLO MESMO PREZO!!!
NON QUEDES SEN ELA, RESÉRVAA NO TEU QUIOSCO!!!
PRESENTACIÓN E INAUGURACIÓN DA 1ª EXPORETRANQUEIRA
EN RIBADAVIA (OURENSE)
Se queredes coñecer máis cousas desta revista non podes faltar a a presentación deste nº 2 e asistir á inauguración da Primeira EXPOSICIÓN RETRANQUEIRA, tedes unha cita o Domingo 16, as 18 h no Café Paz Alhama na rúa Tres mesones nº12 de Ribadavia (Ourense).
Tamén vos deixamos cunha noticia da nosa presentación na Libraría Couceiro en Compostela, na nova web de A nosa terra. Pinchade AQUÍ.
(Actualizado o 13/12/07)
19 comentarios:
Levo varios meses seguindo o blog de Alberto Montt e acho é unha boa fichaxe.
Graciñas por engadir 8 páxinas máis. Xenial!
pois no meu quiosco (bueno meu non..xa quixera) eina mercar :) Saudos amigo
amosaCHEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEE!
Por deus! revisade eses fallos ke matan á vista!
Polo resto noraboa! merkarei a segunda revista tamen,espero ke non me decepcionedes kon mais castelanismos... deika!
Xa devezo por velo :P so vos esquecechedes de meterlle un calendario que nestas epocas e moi socorrido :) Saudos:)
Arkanxo, graciñas pola correción... xa ves somos coma os grandes xornais que cometen erros a punta pala... Retranca a única revista que serve de como pasatempo para os filólogos!!
:P
Saúdos retranqueiros
A Santa Compaña
Parabéns. Xa que se aceptan de bo grao os consellos lingüísticos. Non sería "non te quedes sen ela", e si: "non quedes sen ela".
Sorte e a seguir adiante! Unha aperta!
graciñas Miguel!!!
Un saúdo
A Santa Compaña
Vin o blog por chuza, cando volte a Galiza polo nadal comprarei a revista.
Ten moi boa pinta.
Saúdos
Xa saíu a 2ª?? En Vilagarcía non a atopo :_
Tense que distribuir entre hoxe ou mañá.
Un saúdo retranqueiro, A Santa Compaña
Este venres ando de novo por Compostela así que terei a honra de facerme ca miña tamén! Xenial :)
Noraboa pola revista! Paréceme unha iniciativa moi boa.
Na mesma liña de humor retranqueiro, fagamos un pouco de publicidade gratuíta (he, he), presentovos un blog que pode que vos guste:
www.quemeimportaamin.blogspot.com
Algunha mostra, por se vos apetece:
http://quemeimportaamin.blogspot.com/2007/01/transcantrabeca-por-tresillo.html
http://quemeimportaamin.blogspot.com/2007/05/agricultura-copular-vol-1-el-curro-de.html
En Vilagarcía segue sen aparecer ¬¬
Ais xa a teño que veu hoxe ^^
Despois de preguntar por Betanzos e fracasar de novo, hoxe en Compostela fíxenme con ela. ¡¡¡E está aínda mellor que a primeira!!!
Noraboa. Vou pedirlle ós Reis a suscrición.
Por certo: ¿por qué non metedes na revista algún formulario de suscrición?
Encantame a Revista...a ver se para a de Xaneiro traedes un Calendario do 2008...Grazas...e se de paso queredes meterlle outras 8 paxinas máis pois sen problema ehhhh
Saudos
¡Xa apareceu en Betanzos!
Publicar un comentario