lunes, 21 de abril de 2008

O REI ENTREGA O PREMIO DO PÚBLICO Á MELLOR REVISTA A "RETRANCA", NO SALÓ DO CÓMIC DE BARCELONA !!



Para a nosa sorpresa e orgullo, queremos anunciarvos que a revista Retranca recibiu no Saló Internacional do Cómic de Barcelona o Premio do Público á Mellor Revista do ano 2007. A Redacción de Retranca quérevos agradecer a todos/as que nos votachedes, xa que sabemos que esta revista só pode existir se vos queredes que siga coa andaina de facer rir en galego. Moitas gracias por esta demostración de apoio e agarimo d@s nos@s lectores e fans (que son lexión, iso nos dixeron os organizadores do Saló que tiveron que contar os votos). Nestes intres, queridos lectores, nos embarga a emoción e só podemos dicir :HEI CARBALLEIRA!!!



SSMM Don Joan Carles Rei de Polonia posa xunto a Ray Harryhausen e o Compañeiro na gala de entrega dos premios do Saló.

5 comentarios:

lma dijo...

Moitas Felicidades!, a verdade é que o premio é moi moi merecido. Eu xa merquei 4 dos vosos números, e cada número ides a mellor.
Sinto terme perdido algún numero,...tendes existencias?.

Seguide así, e moito ánimo!!!, que mentres teñades como minimo esta calidade, nos os lectores estaremos ahí.
saúdos.
_lma.

An dijo...

Hei e ben hei carballeira :D Saúdos

kap dijo...

Muchas felicidades por tan merecido premio!

pruava dijo...

Que ben!!!
Moitas felicidade!!!
Xa somos moitas almas en pena lendo a vosa revista^^
Un biko!!!




~*)LaUrItA(*...

Cleoninha dijo...

Parabéns!! Moi merecido, eu non perdo ningún número "dios me libre"