O ESPAÑOL ESTÁ EN PERIGO DE EXTINCIÓN!!!
EXCLUSIVA: OBRIGAN A UN NENO INMIGRANTE A FALAR GALEGO!!!
RETRANCA celebra o Día das Letras Galegas cun número sobre o debate da lingua cheo de polémica. E estamos seguros de que vai dar moito que falar (o que non sabemos se dará que falar en galego ou en castelán). Correde a mercalo antes de que se esgoten!!!
NOTA: ESTE NÚMERO É UNHA EDICIÓN TRILINGÜE, así que non vos queixedes!!!
Saúdos Retranqueiros,
A Santa Compaña.
EXCLUSIVA: OBRIGAN A UN NENO INMIGRANTE A FALAR GALEGO!!!
RETRANCA celebra o Día das Letras Galegas cun número sobre o debate da lingua cheo de polémica. E estamos seguros de que vai dar moito que falar (o que non sabemos se dará que falar en galego ou en castelán). Correde a mercalo antes de que se esgoten!!!
NOTA: ESTE NÚMERO É UNHA EDICIÓN TRILINGÜE, así que non vos queixedes!!!
Saúdos Retranqueiros,
A Santa Compaña.
8 comentarios:
De verdade, que a revista esta-me a sorprender moi gratamente. A súa evolución é magnífica, destila intelixencia e por suposto, moita RETRANCA. Parabéns!
Non é o español o que está en perigo de extinción, xa que idiomas españois
son todos os que se falan en Hespaña, galego, euskera, catalán e castellano.
Polo tanto o que está en perigo de extinción é o castellano, non si?
O que está en perigo de extinción será o castellano, xa que, o español, son todos os idiomas que se falan en España: galego, catalán, euskera e
castellano.
De todas as maneiras, penso que é
unha exaxeración que o castellano
se extinga, e si é asi, que poderia
pasar?
Grazas mil por este número da revista. Merquei o meu e un para o departamento de galego. Traballando en Vigo este número debería prescribirse para tod@s @s prof@s que por alí andamos. Grazas pola iniciativa e polo empeño normalizador impagábel. Espero que todo vos saia como desexedes.
Grazas mil por este número da revista. Botei unhas boas risas e foi decididamente catártico, de feito merquei un exemplar para min e outro para o departamento de galego do meu instituto. Traballo en Vigo e creo que alí debería ser de lectura prescriptiva para @s prof@s. Unha vez máis grazas pola iniciativa e polo empuxe normalizador. Agardo que todo vos saia como desexades.
Un saúdo.
Un saúdo a todo o equipo retranqueiro, sodes os máis gamberros de toda Galicia, ánimo cos vosos proxectos e a seguir facendo ruído. Felicidades polo premio do Saló de Barcelona, merecédelo.
Pois eu non dou atopado a revista en ningún quiosco de Vigo, poderíadesme dicir algún?
Graciñas ; )
Ola , a revista nº 8 vai tardar un chisco por culpa da folga de transporte. De todolos xeitos podes atopar o nº 7 nos quioscos da estación de tren de vigo ou na librería BD de vigo ou en Norma.
Saúdo Retranqueiros
A SANTA COMPAÑA
Publicar un comentario