domingo, 17 de mayo de 2009

FITO & PITA O ÁLBUM!!!




A partir do día 1 de xuño sairá a venda nas LIBRARÍAS galegas o nº 2 da Colección Retranqueira. O primeiro álbum de Alberto Guitián: FITO & PITA.
O libro recompila algunhas das máis míticas e desternillantes aventuras destos dous vellos marchosos, que saen mes a mes nas páxinas da revista Retranca. Ademáis de historietas inéditas.

Só Retranca podía publicar un álbum así... vellos, drogas, sexo desenfrenado, lobishomes e enxebrismo galego todo xunto!!!
64 páxinas a toda cor por tan só 7 euros. Encárgaoo xa.





Presentarémolo o vindeiro SALÓ DO CÓMIC DE BARCELONA, coa presencia do autor Alberto Guitián, que coma bo galego está emigrado en Barna.



Descargádevos fondo de pantalla e máis cousas ilegais en http://www.matanzos.com/


Saúdos retranqueiros,
A Santa Compaña.



COMUNICADO DO ALCALDE DE MATANZOS:





Estimados amigos, compañeiros e fregueses:FITO & PITA é unha tira cómica dun tal Guitián sobre dous xubilados ( veciños da nosa municipalidade ) embarcados nunha espiral de augardente, festa rachada, drogaína, sexo na palleira, colesterol, vicio e vida disoluta. Estas tiras embrutecedoras (que nunca lería a xente de ben) veñen publicándose na revista galega Retranca e agora se recollen nun libro de alto contido explícito que desde aquí evitamos recomendar. Non obstante, se a vostede lle puidera interesar tan ignominiosa publicación, saiba que se pon á venda o 1 de Xuño en librarías e tendas de BD galegas, e por riba será presentada alén das nosas fronteiras ( para bochorno da nosa Galeguidade ) no vindeiro Saló del Cómic de Barcelona.
Sen outro particular, despídese atentamente,
Xosé Lois Fandiño
Alcalde pedáneo de Matanzos

1 comentario:

An dijo...

Agardo que todo saia ben. SAúdos e apertas