lunes, 25 de mayo de 2009

RETRANCA 18 FEIJOO CONTRA A CRISE



A case tres meses da incorporación do novo goberno galego, un intrigante misterio paira aínda sobre as nosas cabezas manténdonos na dúbida máis atroz: cales serán as medidas que tomará o presidente Feijoo para se enfrontar á crise que nos embarga e nos condena á hipocondría económica máis brutal?Sabemos que as posibilidades son múltiples.

Podería empezar por rebaixarlles os salarios, dietas, comisión e demais complementos a todos os membros do seu goberno.Poñer á venda a colección de papamóbiles que fomos acumulando e usar os transportes públicos e mesmo gastar solas. A moitos edificios públicos que están infrautilizados habería que darlles usos máis creativos, como montar bingos, festas solidarias, poxas de arte, exposicións tecnolóxicas, criadeiros de galiñas... A Cidade da Cultura daría xogo como complexo residencial para turistas estacionais. Tamén se lles buscarían usos alternativos ás vías do Ave que se van abrindo en tanto este non chega, ás planeadoras confiscadas aos narcos, aos montes onde aínda non hai muíños eólicos, ás vacas que xa non venden leite, ás aves migratorias...

A prometida rebaixa de impostos aos cidadáns máis necesitados tamén sería unha boa medida, o problema é que ten máis de electoral ca de real, polo visto.Comprometida coma sempre co avance e o progreso do país, Retranca ofrece neste número un mangado de propostas que axudarán ao presidente a resolver os problemas máis críticos. Ora ben, para mantermos a nosa independencia e frescura de ideas, vémonos na obriga de rexeitar os cargos que se nos ofrezan no novo goberno galego. O cal non quere dicir que esta vaia ser unha lexislatura sen Retranca.

Saúdos retranqueiros, A Santa Compaña

2 comentarios:

Darth dijo...

De momento, xa ten tomado máis medidas contra o galego que contra a crise. Xa se ve por onde vai.

rosinha dijo...

Moi bó éste número! Espero que non vos censuren...

Saúdos!