O VERÁN É PARA ENGORDAR!!!
A famosa Operación Bikini que sae nos telexornais todos os veráns, que consiste en esconder os quilos, e que este ano por cambiar a podían chamar Operación Gürtel. O difícil de verdade é facer dieta veraneando en Galicia, vaias a onde vaias tes terraciñas con marisco e empanada, e milleiros de festas gastronómicas. Vamos que en Galicia moreno non te vas poñer porque moito sol non hai, pero seguro, seguro que volves "morao".
Ademais agora que estamos en crise o de pasar fame xa non está de moda, o síntoma de status social alto e poderoso é estar gordo. Ti vas pola rúa e ves a un gordo e dis: - Recoiro, este come todos os días. Sen embargo ves a un delgado e dis: - Recoiro, este só mEREnda. Por iso este ano xa sabedes, se queredes "chulear" vinde a Galicia a coller MICHELÍNS. Xa o di o refrán: O home e o oso canto máis gordo máis fermoso … e poderoso!
Saúdos Retranqueiros,
A Santa Compaña.
CONCURSO RETRANQUEIRO: PASARATOS ORTOGAL!!!
Atopa no número 21 de RETRANCA todas as faltas ortográficas que encontres, mándanos un email coas correcións a: revista.retranca@gmail.com e os 10 primeiros que nos cheguen entrarán no sorteo dos nosos 3 superpremios:
Debuxo orixinal de CASTELAO 2009 asinado por Kiko da Silva.
Libro de Fito e Pita asinado por Alberto Gutián.
Libro de Jalisia Kaníbal asinado por Luís Davila.
Retranca, a única revista de humor e de pasaratos do mundo... o dobre de entretida!!!
NOTA: Este número é EXTRA porque corresponde ós meses de agosto e setembro de 2009. En setembro non hai número: MARCHAMOS DE VACACIÓNS!!! Vémonos en outubro :-)
12 comentarios:
gran portada :-)
VICIO VICIO :P , ya tengo lectura para un día ... jejeje , ahora saber cuando llega la quiosko... ,por si las moscas ya me asomo hoy. jejeje
Os estais cotizando.... 1 € más cara... -.- ...
J.Antonio, efectivamente é un chisco máis cara porque é un EXTRA DE 48 páxinas.
saúdos retranqueiros,
A Santa Compaña
bueno mirándo así , o vexo normal , aquí a xente , supoño que non traballa por amor a arte (só a SGAE :P) , o sinto , por non falar antes como bo galego na miña lingua que tanto quero.
Grazas por contestar :) , agora espero que apareza no quiosco que aínda non chegou , xa teño mono de retranca :)
Un saudo e moitas grazas por esta gran revista made in Galiza.
Outro que anda ansioso polo número, este sábado tocará pasarse coma sempre por Paz.
PD.Que tal as ventas no Viñetas desde o Atlántico?
kingallino
Dáme que o do concurso é todo culpa miña :( jejeje
Eu fun , A Coruña o das viñetas dende o Atlántico , e xa vin o tenderete que tiña cousas de Retranca , é no sitio donde pillei a miña primeira retranca :P
Son novo neste vicio, e a Retranca 21 é moi boa. Non seí que é o máis divertido, O Teodoro é un crac, pero a Carmiña e igualiña a miña sobriña, non decídes con que autobus imos ata Matanzos, moitas grazas polos consellos para o verán.
Ata outubro,
Excelente revista, son novo no vicio. Non sei cal é o meu debuxo favorito, o Turismo a galega de Xaquín, os interesantísimos consellos, ei, onde para o bus para Matanzos?, i o Tonecho, ese home é un crack.
Un bo vicio.
Encantoume a sección de Davila. O das festas gastronómicas galegas é tarefa só apta para deportistas de elite. hahaha...
Gran número. Jota Jota es un crack. Y Kiko otro, CAstelao 2009 es de lo millorciño desde el mismisimo maestro CAstelao
Publicar un comentario