Retranca volve a Idade Media!!... non iso non quere dicir que vaiamos a facer a revista en pergamiños, tranquilos. O noso cego medieval (Paco Pernas) vai andar por Pontevedra recitando un cantar Retranqueiro, creado polo escritor Manuel Lourenzo González. Un cantar cheo de escarnio e maldicir sobre a situación política e social galega.
Os asistentes as actuacións poderán seguila e levar de balde o relato, xa que editamos uns pasquíns ilustrados por Víctor Rivas para a ocasión. Este acto está patrocinado pola libería Paz de Pontevedra.
Actuacións:
Venres 4 pola tarde na Zona Vella de Pontevedra
Sábado 5 ao longo do día na Zona Vella de Pontevedra.
Buscade ao cego da Retranca!!!
5 comentarios:
Voto a brios que cantar,
tan sin par,
que escoito,
e non paro de bailar
Os que non somos da fermosa
Pon tin Vedra
Onde o poderemos mercar?
fermosísimas ilustracións, Victor Rivas é un fenómeno
jbonome a revsita retranca véndese en todolos quioscos galegos. Este pasquín non se vende, é un agasallo a todos os que se acheguen a escoitar o noso cego retranqueiro este sábado na Feira Franca de Pontevedra.
Iso sí podes imprimir o folleto clicando nas imaxes de arriba, teñen bastante calidade.
Saúdos retranqueiros,
A Santa Compaña.
A ver se combenzo a Laura e imos por ala. SAúdos e apertas
lo siento pero no entiendo el gallego , si llevaría traductor , cachis
Publicar un comentario