lunes, 5 de octubre de 2009

RETRANCA 22



En época de crise os superheroes están sempre de moda. Non, non nos referimos a que nos quedemos todos en calzóns, falamos dos super heroes de verdade, dos que teñen o superpoder de ir á compra para toda a familia con vinte euros, e traen comida e, o máis incrible, traen ata cambio!!!
Ou dos que teñen o poder de seguir confiando en Zapatero a pesar de estaren no paro e levar cinco meses buscando curro.Ou dos que seguen crendo que Feijoo vai salvar ao galego da súa agonía.
Sexamos realistas: os galegos imos aviados. Para un superheroe que tiñamos, van e mándano á cola do Inem. Que a quen nos referimos?... Ao Super Piñeiro, que lle acaban de quitar o seu programa da Telegaita. Para un programa que tiñamos de "cotilleos" na galega, co noso Jorge Javier Vázquez enxebre, van e cámbiannolo por un señor do ano da polca con bigote e abdominais desos de chocolatina (non, non é unha serie de Aznar, é que volven a emitir Magnum).
Recoñezámolo: a crise estanos facendo supermutantes. Agora mercamos marcas brancas nos supermercados, e se teñen super infraprezos, mellor. Buscamos roupa nas super rebaixas e intentaremos chegar a fin de mes a pesar da super subida de impostos. Traballamos super explotados en curros con soldos super birriosos a pesar de termos titulacións de graos
supersuperiores.

E mentres os cidadáns facemos o imposible por ter super poderes para chegarmos a fin de mes, os nosos gobernantes (os que teñen PODER de verdade) seguen agardando a que o SuperObama acabe co problema antes das eleccións. Vale, é certo: os da oposición están desexando que a Kriseptonita acabe antes con ZPman.
Por iso os retranqueiros queremos recordarlles aos nosos políticos unha frase do incrible Spiderman: UN GRAN PODER IMPLICA UNHA GRAN RESPONSABILIDADE. Aplíquena.

Saúdos Retranqueiros,
A SANTA COMPAÑA


ATENCIÓN: En Retranca tamén estamos sentindo o poder da Kriseptonita. Levamos dous anos saíndo mes a mes aos quioscos, algo que para nós xa é superheroico. Pero a caída da publicidade obrigounos a ter que saír cunha nova periodicidade bimestral, con máis páxinas e un super prezo. Non sabemos canto poderemos resistir, pero mentres o corpo aguante seguiremos dando fungueirazos retranqueiros. VOLTAMOS EN DECEMBRO !!!

3 comentarios:

An dijo...

O mundo esta desfeitiño que di meu abo...pero inda así ves as tabernas cheas de xente, ali reunense os máis senlleiros superheroes do pais para desgracia do crime orghanisado o cal lle deven pitaro os ouidos. Saúdos meu

kingallino dijo...

Boa temática, retomando aquela xenial páxina de Juan Silva no nº 19.
"Reboza coa mirada, señora!!
Grandes, a crise nn vai poder con vosco.
Un saúdo.

kingallino

Capitán Latinoamérica dijo...

Vaia, co pouco que me vai durar terei que comezar a comprar os números atrasados... Decembro queda moi lonxe.