lunes, 2 de noviembre de 2009

2º CABODANO DE RETRANCA!!!


Foto: ramón Leiro.

A revista galega de humor Retranca celebrou por todo o alto o seu segundo aniversario, ou como di o seu director, Kiko Da Silva, o seu segundo cabodano, por aquilo de que ninguén lle daba moito tempo de vida. Para celebralo reuníronse no Café Moderno colaboradores e amigos, que asistiron á presentación do novo número e coñeceron as novidades que ofrecerá a partir do vindeiro, como un suplemento de lingua, por suposto, sempre en clave de humor, e as novas series que están a preparar. E con moito humor, Kiko Da Silva fixo un monólogo non exento de retranca, repasando os temas tratados neste ano dende a controversia da lingua ao cambio de goberno, pasando pola gripe A. Tamén presentáronse as camisolas de superheroes retranqueiros, que se poden mercar na web da revista, na librería Paz ou no local de Retranca, ao prezo de 15 euros, e 12 os subscritores. A parte musical estivo a cargo dun trío do Seminario Permanente de Jazz. Para rematar e como non podía ser menos, houbo unha paparota para os asistentes.
Chelo Lago. LA VOZ DE GALICIA (31 de outubro 2009)

Tamén nos fixeron unha gran reportaxe no semanario A NOSA TERRA

Saúdos Retranqueiros dende a tumba,
A Santa Compaña.

3 comentarios:

kingallino dijo...

Aí está, e en 6 números mais cairá o 3º, a ver como se desenvolve a revista durante este ano. Eu penso que a crise a vai fortalecer.
Un saúdo.

fgul dijo...

ánimo con esa revista!!!

An dijo...

Penso como Kinganillo, disto so pode saír máis forte. SAúdos ollerosos