martes, 16 de febrero de 2010

RETRANCA 24. DOUS POR UN!!!



Este mes Retranca ten dúas capas... últimamente grazas a Feijoo temos tantos temas de actualidade, que este mes tivemos que facer un número con temática dobre!!!... dúas portadas, dúas temáticas pero polo mesmo prezo, non vos queixedes. ;)



FUSION POLAS SÚAS BALLS

DOUS MÁIS DOUS IGUAL UN
Nouriel Rubini, o gurú que previu a crise, aseguraba “que unir dúas entidades con problemas é como cando dous borrachos xúntanse para manterse en pé. Ao principio sostéñense apoiándose un no outro, pero cando caen a hostia é tremenda”.
O curioso é que có tema este da fusión das Caixas galegas todo o mundo acaba facéndose as mesmas preguntas... Se houbese unha fusión de Caixa Nova e Caixa Galicia: Onde estaría a sede? Cal sería o nome? Quen mandaría?. Retranca ten a resposta a todas elas : En Compostela, Caixa Popular e Albertiño Núñez Feijoo, sen dúbida ningunha. Nós ademais facémonos unha pregunta que aínda ninguén fixo en ningún medio de comunicación: - Feijoo tamén vai facer unha enquisa aos galegos e galegas que temos os cartos nesas Caixas?...

Pero Feijoo non contaba coa resistencia dos Vigueses que están moi acostumados a sufrir có Celta. O Caballero montou unha folga contra a Fusión e claro na Xunta andan todo có Dodotis posto porque saben que niso de facer folgas os de Vigo tamén son bos de carallo.

Non sabemos se ao final vai haber fusión ou non, pero o único que está claro que isto máis ca unha FUSIÓN parece unha CONFUSIÓN.

Saúdos Retranqueiros
A Santa Inquifusión.


FEIJOO SPEAKING GALLEGUING!!

QUE LINGUA TAN PORCA
Para algúns seica o galego é un idioma malsoante. Se un quere insultar o fai en galego porque o insulto soa peor. Se un di: - Vete a tomar por el culo, a frase soa moito máis fina que se dis: - Vai tomar polo cú. Por iso houbo tantas protestas cando Shin Chan saía na TVG. Agora esos debuxos bótannos en A3 pero ninguén protesta porque Sinosuke di : - Culito, culito (porque parece que estás a dicir Cultito, cultito) pero claro cando saía na tele gaita o condenado berraba: - Cuíño, cuíño (que soa a un curricho durante a matanza) e iso de ensinar aos nenos a dicir CULO en galego é unha porcallada.


Por iso agora Feijoo está empeñado en que os nenos aprendan inglés, para dicir os insultos no idioma finolis de Hollywood. Por iso nas manifestacións contra o Decreto do galego a xente poderá insultar finamente :FEIJOO O DECRETO MÉTEO POLO ASS (Vedes que ben soa!!)


Insultos Retranqueiros,
A Santa Compaña

2 comentarios:

An dijo...

hahahahahahahahahaha, é caralluda a segunda capa. Estou desexando vela. Saúdos e apertas

Ghaiteiro dijo...

Ben, sei que xa non e tempo de decilo, pero ata hoxe non merquei a revista e, agora que a teño, teño que protestar (valga a redundancia).

A paxina de "A divina comedia" e REPETIDA!!!, e a mesma que no numero 23, sinto ter que decilo pero, DEBEDESME UNHA PÁXINA!!!

Pois iso, quero a miña páxina e a quero xá

Inda que coido que en canto teña o numero 25 nas miñas mans xa me pasara, polo de agora estou ofendidisimo (no senso mais despectivo da palabra, iso si)