sábado, 17 de abril de 2010

RETRANCA 25 OS CHISTES DE ROSA DÍEZ !!!




Din os vellos das aldeas galegas que as Bruxas, habelas hailas... e teñen razón, pero agora ademais sabemos tamén como se chaman: Rosa Díez. Para os que non saben de que vai todo isto recordamos o follón: A finais de febreiro nunha entrevista no programa de Iñaqui Gabilondo a lideresa de UPyD, Rosa Díez dixo que "Zapatero podería ser Gallego en el sentido más peyorativo de la palabra" e quedouse tan ancha a tipiña. Ao día seguinte, tras a morea de críticas dos galegos a Rosiña Díez dixo que había que ter máis sentido do humor. En Retranca que somos un galegos moi pexorativos e que nos tomamos todos como di Rosa Díez con humor, quixemos darlle unha pouca da súa propia medicina. Por iso creamos un novo tipo de chistes... OS CHISTES DE ROSA DÍEZ.
E a cousa parece que gustou, porque dende a nosa web, o noso Facebook os nosos lectores enviáronnos máis de 450 chistes de Rosa Díez. Neste número publicamos unha selección dos mellores chistes pexorativos...
ós temos algunhas preguntas: Acaso UPyD son as siglas de Unión de Peyorativos y Despectivos? Agora que se achegan as eleccións galegas, nós preguntámonos... volverá Rosa Díez a presentarse?... ou mellor aínda, haberá algún galego tan imbécil como para votarlle?
Rosa Díez quere que lle VOTEN, pero conseguiu que a BOTEN!


Saúdos Retranqueiros.
A SANTA COMPAÑA




Ademais contamos todos os preparativos da quedada dos fans de Star Wars o vindeiro día 21 de Maio en Compostela, para homenaxear o 30 aniversario da estrea do filme "O IMPERIO CONTRAATACA". Se queredes asisitir ao evento anotádevos na web oficial

No hay comentarios: