Que mellor para celebrar o 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, que có agarimo dos nosos lectores:
"Meu irmán naceu en Ourense, pero non se acorda de cando viviamos aló. Chámase Víctor e ten dez anos (el rifaríame dicindo que en Outubro cumpre os 11, pero...!) Onte, entre espera e espera puiden levalo á Livraría Torga, situada na rúa da Paz da cidade das Burgas. Nesa fermosa libraría, o meu irmán fixo o descubrimento do verán: a revista Retranca! Cal foi a miña sorpresa cando, no asento de detrás do coche escoitábao rir mentres lía unha viñeta de Kiko da Silva! Incluso fantasiaba cunha canle de televisión galega chamada “Retranca TV”, que terían uns informativos chamados “A nosa Pedra” presentados por un personaxe de primeira: O Carrabouxo. Todo isto, logo de ter durante meses exemplares desa revista na casa; que non conseguiran captar a súa atención. E agora, xa me dixo hai un anaco, disque se considera todo un retranqueiro.
O meu irmán, moi nos seus adentros, está á saborear a Galiza. Está orgulloso de ser quen é; de falar con todo o mundo a lingua que en Barcelona (de momento) só pode falar cos seus achegados."
Extracto do caderno de viaxe do blog CANDO OS OUTROS CALAN de Silvio Falcó
Así que xa sabedes... LER RETRANCA TRANSFÓRMATE EN GALEGO!!
1 comentario:
Grazas pola difusión! :)
Unha aperta retranqueira!
Publicar un comentario