jueves, 12 de agosto de 2010

RETRANCA 27 BAIXA A NATALIDADE EN GALICIA... HAI QUE FODER MÁIS !!!


CONTRA A EXTINCIÓN FORNICACIÓN!!!

Os galegos estamos en perigo de extinción, cada vez somos menos. Hai tan poucos nacementos que se nos descoidamos o galego máis mozo vai ser Don Manuel Fraga... Ter fillos é caro, sobre todo agora que van desaparecer as axudas de 2500 euros por fillo de Zapatero. Polo tanto ó único aliciente para facer fillos é que aínda desgravan algo en Facenda. O problema é serio xa que a falta de sexo pode facer que desaparezcamos… lembrade que os dinosaurios morreron porque caeulles un meteorito na cachola ás dinosaurias e despois sempre lles doía a cabeza.

Retranca ten a resposta ao problema desta baixa natalidade en Galicia: o fútbol. Si, si, todo o mundo sabe que cando gaña o equipo dun lugar esa noite fanse nenos a esgalla. Pero claro, como en Galicia xa non hai selección Galega e o Celta e o Dépor andan de capa caída, Non hai maneira de celebrar nada cun canivete. A selección Galega ten que voltar, para que os galegos poidamos chingar !!!.

Saúdos Retranqueiros.
A SANTA COMPAÑA
*Este número libidinoso e cargadiño de sexo trae un magnífico póster de CARMELO MATALOBOS debuxado por Jacobo Fernández, e moitos chistes de xente en pelotas fodendo, que sabemos que agora en verán é o único no que pensa todo o mundo!!!. Corre a reservalo ao teu quiosco de sempre!!!
EXCLUSIVA: O número 28 Retranca cumpre 3 anos, e ímolo celebrar cun número cheo de sorpresas!!!
ATENCIÓN:
Presentación Retranca nº 27 o venres 13 de agosto
ás 12:30 na carpa de Viñetas desde o Atlántico.
Coa presencia de Kiko da Silva, Alberto Guitián e Víctor Rivas.

No hay comentarios: