jueves, 5 de mayo de 2011

PRESENTACIÓN DA REVISTA FIZ, a revista do neno máis porco do mundo !!!


RETRANCA EDITORA e a librería MICHELENA, comprácense en convidalos á presentación da revista de banda deseñada para nenos: FIZ, A REVISTA DO NENO MÁIS PORCO DO MUNDO. Unha gran aposta pola bd infantil que conta cunha tiraxe de 5000 exemplares en galego para Galicia e 20.000 en castelán para o resto do Estado.


A presentación terá lugar o venres 6 de maio ás 20 horas na librería MICHELENA de Pontevedra. Haberá contacontos porcañentos e os nenos e nenas asistentes poderán levar un globo de agasallo e facerse cun exemplar da revista asinado!!!

En breve anunciaremos a dirección da web de FIZ!!!

Non faltedes!!! Saúdos retranqueiros

No hay comentarios: