sábado, 17 de mayo de 2008

1ª CEA RETRANQUEIRA en Compostela



O día 16 de maio as 7 da tarde os autores de Retranca estivemos presentando o número 7 e asinando exemplares. Por alí andavamos: Kiko da Silva, Pestinho+1, Jacobo Fernández, An, Luís Davila, Diego Ameixeiras, Rei Zentolo, Camilo Franco (que non sae na foto porque chegou moi tarde) e A Santa Compaña. A presentación foi un éxito e segund nos informan todolos números que levaramos da revista para vender no posto da libraría Couceiro esgotáronse esta mañá as 12 h.

Pola noite aproveitamos e fixemos a Primeira Cea Retranqueira para celebrar o Premio do público do Saló do Cómic de Barcelona. Botamos unhas risas e ata sairon novas ideas para o vindeiro número 8.
Aquí tedes algunhas fotos do acto e a paparota.

Saúdos Retranqueiros,
A Santa Compaña.

5 comentarios:

lorenaqs@hotmail.com dijo...

Boisimo o kikiño na cea retranqueira ¿porque sempre a chaquetiña de coiro?
Inglesa non é.A revista moi chula coma sempre pero non entendo o teu chiste da portada ¿podesmo explicar?mandame un email se non te importa ruliño.Outra cousa quero enviarte uns debuxiños para que os analizes ¿onde chos mando?Espero que me contestes.biquiños.

L.lempika dijo...

boas kikiño,chamome lorena, envieite un comentario antes sobre a ceiña retranqueira.se queres non publiques esto,soamente escribo para enviarvos a todolos da revista a direccion da miña conta coa que podedes acceder o meu novo blog.Como profesionales disto poderiadesme dar unha opinión.Agradeceriavolo moitisimo.UN BIQUIÑO OS CUSPIDIÑOS.
Lorenaqs30@hotmail.com contraseña=123456lempika nome:LLEMPIKA

An dijo...

co teu permiso...bouche orubar o post (como se lles chamara en Galego os post? Por certo...moi boas as brochetas :) Saúdos

frmartinez dijo...

A pesar do estrito da moderación dos post, só quero escribirvos para felicitarvos pola revista. Haivos material para rir a cachón. Eu, como ignorantiño que son, entereime tarde da existencia de (que non "da") Retranca, pero xa vos merquei todos os números que puiden atopar.

Saúdos e moito ánimo. Seguide así.

PD: xa lle estou dando cumprida publcidade, a ver se o notades nas vendas. Adiante!

Sr. Guitián dijo...

Que panda de loubáns