domingo, 4 de mayo de 2008

RETRANCA NO PAÍS DOS ANANOS



Hoxe, domingo, día 04/05/2008 as 21,22 da noite na TVG.
A viaxe ao país dos ananos achegará hoxe unha serie de reflexións sobre o humor na sociedade e entre as persoas. Se acaso os galegos teñen un humor particular, cal é o humor dos ananos? De que rin? Que os pon de bo humor? Teñen cóxegas? Quen ten peor humor na casa? Que é a retranca? Os nenos contestarán estas e outras preguntas, e irase indagando no concepto do humor coa axuda de Farruco e do humorista gráfico Kiko Dasilva. Tamén visitarán o país dos ananos dúas das cómicas máis queridas polos nenos, que son Dorotea Bárcena e Mariana Carballal (Amadora e Maribel en O Show dos Tonechos). Saber como pensan hoxe os nenos galegos e cal é a súa visión do mundo dos adultos ofrece unha idea de como se irá conformando a sociedade galega do futuro. Cuestións concretas sobre como ven eles o mundo dos maiores serán formuladas pola presentadora, Belén Regueira.

2 comentarios:

An dijo...

Kiko saleu moi ben parado do programa...como son os nenos :) Un saúdo

Xamataca dijo...

E non saiu nada ghordo