viernes, 9 de mayo de 2008

SEMANA DA LINGUA RETRANQUEIRA 2008





Para celebrar o Día das Letras Galegas en Retranca decidimos encher os días previos á festa cunha morea de actos Retranqueiros. O noso vindeiro número de Retranca que estará na rúa a vindeira semana entra de cheo no debate BILINJÜE en Galicia. Para converter o día das letras nalgo máis ca un día onde se celebra aos mortos que escribían en galego, nós que estamos tamén mortos (por algo somos A Santa Compaña) queremos celebralo por todo o alto coa Semana da lingua Retranqueira.

LUNA 12 DE MAIO: Celebración de visitas guiadas pola Exposición Retranqueira que se pode ver estes días en Redondela.

XOVES 15 DE MAIO: traslamos a festa a Vigo, onde a libraría Librouro acollerá, ás oito da tarde, unha presentación do número especial de Retranca sobre o debate da lingua.

VENRES 16 DE MAIO: peregrinamos ata Compostela, a libraría COUCEIRO que acollerá unha sesión de sinaturas de autores coma Kiko da Silva, Jacobo Fernández, Andrés Meixide ou Luís Davila ou Pestinho+1 e moitos máis.

VENRES 16 DE MAIO POLA NOITE: Para despois está prevista na mesma cidade a celebración dunha cea entre os autores para conmemorar o Premio do Público que a revista levou no último Saló de Barcelona.

4 comentarios:

Sr. Guitián dijo...

O venres pola noite jardádeme uns chupitos, pillabáns!

O maquetador

Sr. Guitián dijo...

O venres pola noite jardádeme uns chupitos, pillabáns!

O maquetador

Xico-EDL dijo...

Tranqui, que sendo uma ceia retranqueira (cheia de fantasmas, aparecidos, vampiros, meigas, monstros e freaks de todo tipo), tu também estarás ainda que seja "em espírito".

Um abraço morrinhento.

Xamataca dijo...

superguitián, regresa a terra!!!