Retranca chega aos quioscos dándoche as claves para pasar unhas vacacións REALmente bartatas ... cunha chea de páxinas para sobrevivir á CRIS... DESACELERACIÓN VACACIONAL da man dos nosos humoristas (Xaquín Marín, Pinto &Chinto, Leandro, Guitián, Kiko da Silva, Mel, Pestinho+1, Rubiño, Malagón, Kohell, Rei Zentolo, Bernal, Ricardo Peregrina, Diego Ameixeiras, Manuel Lourenzo, Óscar Villán, Jabois, AN, Jero, Xosé Manuel, Luís Davila, Alberto Montt, Andrés Meixide e A Santa Compaña)... E ADEMÁIS UN LIBRO DE 64 PÁXINAS (a toda cor) DA COLECCIÓN RETRANQUEIRA: JALISIA KANÍBAL de Luís Davila!!! POR TAN SÓ 3, 60 EUROS!!!
XOVES 24 DE XULLO (20:00 horas) PRESENTACIÓN DO LIBRO JALISIA KANÍBAL DE LUÍS DAVILA NO SALÓN DO CÓMIC DE CANGAS
NOTA: OS SUSCRIPTORES RECIBIRÁN TOTALMENTE GRATIS O LIBRO DE JALISIA KANÍBAL!!!
ÚLTIMA HORA!!!
ENTREVISTA A LUÍS DAVILA EN FARO DE VIGO: LÉEA AQUÍ
8 comentarios:
Merquei a revista de este mes, e teño unha dubida...
Se na contraportada do libro que ven con a revista, pon que ''distribúese de xeito gratuíto'', non entendo a subida do prezo... e vaia subida. E subir o prezo, coincidindo co número que satiriza a crise...
Estimado compañeiro... será porque neste país o unico que non é gratuito é a distribución... ainda que sí o libro (distribuilo non nos sae gratis). Det dolos xeitos 1,40 euros por un libro de 64 páxinas a toda cor no me parece que sexa para queixarse ¿non?
saúdos A santa compaña.
Estimada compañeira, entendo que teñades que cobrar a distribución dun libro gratuíto; pero non impoñades a merca do agasallo; dade a opción de mercalo ou non, como fan en outras revistas e periódicos.
Un saúdo, unha retranqueira...
Eu tamén tiven a dúbida polo do libro porque poñía o de gratuíto, de todas formas encántame como debuxa davila xDD e aínda que fose mercaríao por separado
Pois a min encantame o libro (inda que teño que decir que non son so da tira "o bicheiro" (que, se non erro, publícase en esclusiva no morrazo) senon tamén da tira diaria deste grande autor (e que é pra escarallarse).
Por outra parte hei preguntar, porque non hai modelo pra mozas da camisola de Retranca?
E nada mais, seguide asi que a colección adorna moito no estante (terei que ir o Ikea a comprar mais estantes...)
A MIN PARECEUME MOI BEN, E A SUBIDA E BEN MERESCIDA, DAVILA EN UN DEBUXANTE DOS MEIORES, AINDA KE NON VIÑESE CA REVISTA MERCRABAO.
VEÑA.
PASADEBOS SE PODEDES POLO MEU BLOG DE HUMOR GALEGO:
WWW.AMEIXENDA.BLOGSPOT.COM
1) Onde está a entrevista de Davila? Non a encontro, non me fai clic.
2) Por qué non pondes os textos prefixos do blog en galician, ou en brasilian, ou algo?
3) Resitan, chiños.
Boísimo o texto de Diego Ameixeiras sobre Samil! síntome totalmente identificada!
rosinha
Publicar un comentario