MERRY CARÍSIMAS!!!
O Nadal achégase, e nós con esta cara de crise global sistémica. Nada será igual este ano. As cidades iluminaranse con bombillas de baixo consumo, nos beléns haberá menos pastores, aínda que todos cos papeis e contrato de traballo en firme, o marisco quedará en paro biolóxico á espera das rabaixas, o turrón parecerá máis duro, os agasallos, menos rumbosos, e a lotaría seguirá ignorándonos tanto coma a ministra Magdalena. Daquela, na fin de ano, acompañaremos cada campanada cunha mala uva de carallo.
Pero non todos viviremos igual as festas, porque digan o que digan, aínda hai clases.
Nun sesudo exercicio de xornalismo de investigación desde "Retranca" pescudamos para coñecer
Nun sesudo exercicio de xornalismo de investigación desde "Retranca" pescudamos para coñecer
como viven os famosetes galegos o Nadal nos tempos de cólera. Velaí o noso informe.
Saúdos Retranqueiros e Felices Festas
A Santa Compaña.
A Santa Compaña.
E lembrade... NO NADAL AGASALLA RETRANCA, MOITAS RISAS CUN PRECIO ANTICRISE INMELLORABLE!!! SAE MÁIS BARATA CÓS XOGOS DA PLAYSTATION!!!
1 comentario:
Moi ledas festas a todas...e logo a todos. Saúdos
Publicar un comentario