sábado, 17 de enero de 2009

RETRANCA Nº 14 REBAIXAS ELECTORAIS



Xa chegaron as eleccións e esta vez en plena campaña de Rebaixas. Haberá crise tamén nisto das eleccións?, utilizarán os políticos os mesmos carteis electorais de fai tres anos e os mesmos programas de man para aforrar gastos nos partidos políticos?. A verdade se o fixeran non íamos a notar moito a diferenza, total as fotos dos candidatos sempre as pasan polo Photoshop para que non teñan nin unha engurra ou cana máis (nisto Fraga foi un auténtico mestre, rexuvenecíano tanto cada tres anos que, si se presentase nestas eleccións, o seu cartel electoral sería un espermatozoide do seu pai fecundando un óvulo da súa nai).

Por iso, en vez perder o tempo escoitando promesas electorais que despois nunca se cumpren, en Retranca propoñemos que nestas eleccións elixamos ao POLÍTICO MÁIS FEO DE GALICIA (Polo menos que no lo poñan fácil á hora de facerlles as caricaturas).

Saúdos Retranqueiros,
A Santa Compaña.

RETRANCA NA PRENSA SERIA: Galicia-hoxe

2 comentarios:

kingallino dijo...

Un bo número, pero eu quedei sen o 13...
En fin, seguide así!

kingallino

xosse antón dijo...

O de reciclar cartaces... imposible! Levóunos todos o vendaval. E mira que ata fai uns días ainda quedaban algúns colgados nas farolas sen recoller dende as xerais; a min arrepiábaseme o corpo só de ver alí a aquel home colgado soportando as xiadas do inverno... nin a casa puido voltar polo nadal!